Raúl Dacosta
Dacosta | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rául Dacosta Cerqueda | ||
Nacemento | 26 de xaneiro de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Ponferradina | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
Ourense | |||
Pabellón | |||
2014–2017 | Celta de Vigo | ||
2017–2020 | Real Madrid | ||
2020–2021 | Espanyol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2021–2023 | Espanyol B | 62 | (8) |
2023– | Ponferradina | 22 | (3) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 15 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Rául Dacosta Cerqueda, nado en Ourense o 26 de xaneiro de 2002, é un futbolista galego que xoga como extremo esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Ourense, sendo fillo do tamén futbolista José Ramón Dacosta, xogador histórico do Club Deportivo Ourense.[1] Tamén Raúl ingresou no hoxe desaparecido club ourensán, xogando nas súas categorías inferiores dende os 6 anos. Posteriormente pasou polo Pabellón, ata que no 2014 entrou na canteira do Celta de Vigo.[2]
Tras tres anos en Vigo, en xullo de 2017 foi fichado polo Real Madrid,[3] pasando tres anos na súa canteira, ata que en 2020 pasou á do Espanyol.[4]
O 7 de febreiro de 2021 debutou co Espanyol B na Segunda División B, nun partido ante o Hospitalet, e na tempada 2021/22 pasou a formar parte definitivamente do filial. Disputou un total de 62 partidos co Espanyol B ata 2023, marcando 8 goles.
En agosto de 2023 fichou pola Ponferradina, que acababa de descender á Primeira División RFEF.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A canteira suma un novo internacional: a Sub-16 chama a Dacosta" (en castelán). 28 de marzo de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ Nieto, Laureano (18 de xaneiro de 2024). "El ourensano Raúl Dacosta: “Tengo confianza y eso me hace seguir dando pasitos”". La Región (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "Raúl Dacosta firma contrato por el Real Madrid". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xullo de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "Raúl Dacosta inicia una nueva etapa de tres temporadas en el Espanyol". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "Raúl Dacosta es nuevo jugador de la SD Ponferradina" (en castelán). 7 de agosto de 2023. Consultado o 7 de agosto de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).