Premio Fermín Bouza Brey
O Premio de Poesía Fermín Bouza Brey foi convocado en 1992 polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Cortegada e Ponteareas en dúas modalidades: para alumnos de EXB e para poetas noveis. No caso dos poetas noveis o premio consistía nunha cantidade en metálico e a publicación da obra en Espiral Maior.
O Concello de Vilagarcía de Arousa convocou en solitario o Premio de poesía Centenario Fermín Bouza Brey en 2001, que gañou Emma Pedreira con Os cadernos d'amor e os velenos, instaurando a partir dese momento unha convocatoria bianual.
Gañadores[editar | editar a fonte]
- 1992: Rafa Villar, Liques na memoria.
- 1993: Isolda Santiago, Flor de tan mal xardín.
- 1994: Yolanda Castaño, Elevar as pálpebras.
- 2001: Emma Pedreira, Os cadernos d'amor e os velenos.
- 2003: Xurxo Alonso, Cidades de area.
- 2005: Xerardo Quintiá, Poesía en ruta.
- 2007: David Souto, A árbore seca.[1]
- 2009: Deserto.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Redacción (12 de maio de 2007). "El vilagarciano David Souto Alcalde gana el premio de poesía Fermín Bouza Brey". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2024.
- ↑ asociacionescritoras-es (2010-10-05). "O premio de poesía Fermín Bouza-Brey queda deserto en 2010". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2024-05-09.