Portela da Canda
Coordenadas: 42°02′00″N 6°58′00″O / 42.033333333333, -6.9666666666667
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Canda é unha portela entre a serra Segundeira, ao norte, e a serra de Marabón, ao sur, que comunica As Frieiras, na provincia de Ourense con Seabra, na provincia de Zamora. Está situada a unha altitude de 1.259 m. O camiño que salva este alto é unha pasaxe usada de vello na comunicación entre Galicia e a Meseta.
Neste punto consérvase un pequeno treito da primitiva estrada ZA-106, que foi substituída pola nacional N-525 cando, en 1975, se abriu a variante entre Padornelo e A Canda, que pasou a acurtar o traxecto de 21 a 11,5 km. Dende 2003, a inauguración do tramo entre Ourense e Benavente da autovía A-52 evita a subida ao porto grazas a un túnel de 450 m que fura o contraforte máis meridional do Pico de Aguallal (da serra Segundeira), a uns poucos centos de metros da portela da Canda.
Toponimia[editar | editar a fonte]
O fitónimo galego A Canda refírese a unha póla de árbore usada para alumear, a partir do latín candănu.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 139. ISBN 84-95892-53-7.