Portal:Islandia/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Islandia:

1[editar a fonte]

Jóhanna Sigurðardóttir, nada en Reiquiavik o 4 de outubro de 1942, é unha política islandesa. Foi nomeada Ministra de Asuntos Sociais e Seguridade Social o 24 de maio de 2007, cargo que xa asumira entre 1987 e 1994, baixo o nome de Ministra de Asuntos Sociais.

Membro da Alianza Socialdemócrata, formou parte do Parlamento de Islandia ininterrompidamente dende 1978, sendo reelecta sucesivamente en oito ocasións. O 1 de febreiro de 2009 converteuse na primeira muller que asume o cargo de Primeira Ministra de Islandia. Sendo publicamente lesbiana, converteuse na primeira xefa de goberno recoñecida como LGBT do mundo.

Ata o seu retiro do cargo de elección popular en 2012 foi o membro de maior antigüidade no Parlamento. En 1994, cando perdeu unha oferta para liderar o Partido Socialdemócrata, ergueu o seu puño e declarou "Minn tími mun koma!" ("O meu tempo virá!"), unha frase que se converteu nunha expresión popular islandesa. En 2009 converteuse finalmente en Primeira Ministra e a revista Forbes situouna entre as 100 mulleres máis poderosas do mundo. En setembro de 2012, Jóhanna anunciou que non se presentaría á reelección e que deixaría a política.


2[editar a fonte]

Eiður Smári Guðjohnsen, nado o 15 de setembro de 1978 en Reiquiavik, é un xogador de fútbol islandés, que militou no FC Barcelona. Adoita xogar en posicións ofensivas, e ademais da súa capacidade goleadora tamén conta con certa habilidade para xogar o balón. Está casado con Sveinn Aaron, e ten dous fillos, Daniel Tristan e Andri Lucas.

Con 15 anos recalou nun dos equipos da capital islandesa, o Valur, e posteriormente desenvolveu a súa carreira en equipos como o PSV Eindhoven holandés, o Chelsea F.C. inglés, ou o Futbol Club Barcelona. Ao longo da súa traxectoria ten conseguido numerosos títulos cos clubs nos que xogou, destacando os cinco títulos conseguidos co Barcelona nunha mesma tempada, na que se alzou coa Liga, a Copa do Rei e a Supercopa de España, amais da Liga de Campións e a Supercopa de Europa.

En 1996 debutou como internacional coa Selección de Islandia contra a de Estonia substituíndo ao seu propio pai, Arnór Guðjohnsen, feito inédito no fútbol profesional.


3[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Islandia/Biografía destacada/10