Portal:Historia/Efemérides destacadas/15 de abril
Aparencia
- 1071, Bari, a última posesión bizantina no sur de Italia réndese a Robert Guiscard.
- 1452, nace Leonardo da Vinci, pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico e escultor do Renacemento italiano.
- 1489, nace o arquitecto otomán Sinan.
- 1846, constitúese en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galiza, no seo do provincialismo.
- 1894, nace Nikita Khrushchev, Secretario Xeral do partido Comunista da Unión Soviética.
- 1912, o Titanic, un transatlántico construído en Irlanda, afunde na súa viaxe inaugural a través do Atlántico Norte ao chocar cun iceberg, morrendo máis de 1500 persoas.
- 1940, os aliados comezan o seu ataque sobre a cidade noruega de Narvik, que estaba ocupada pola Alemaña Nazi.