Petrona de la Cruz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1965 (58 anos) Zinacantán, México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua tzotzil e lingua castelá |
Petrona de la Cruz, nada en Zinacantán (Estado de Chiapas) o 23 de setembro de 1965[1], é unha escritora mexicana en lingua tzotzil e lingua castelá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo os estudos primarios e secundarios na súa vila natal, e comezou o Bacharelato en San Cristóbal de las Casas. Entre 1989 e 1992 estudou teatro en San Jtz’ibajom con Francisco Álvarez e Ralph Lee, e fixo cursos de produción radiofónica. De 1992 a 1994 promoveu a lectura en lingua tzotzil en bibliotecas de escolas rurais. En 1994 xunto con Isabel Juárez Espinosa formou o centro para mulleres indíxenas FOMMA (Fortaleza de la Mujer Maya), en San Cristóbal de las Casas. En 2002 foi bolseira do Consello Nacional para a Cultura e as Artes en 2002[1].
Algunhas das súas obras dramáticas foron representadas en Australia, Canadá, Estados Unidos, México e diversos países de Latinoamérica.
Obra[editar | editar a fonte]
- Yo soy toztzil (1995)
- Una mujer desesperada
- Madre olvidada
- Dulces y amargos sueños
- Infierno y esperanza
- Desprecio paternal
- La monja bruja
- Soledad y esperanza
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Rosario Castellanos en Literatura do goberno do Estado de Chiapas (1992)
- Medalla Rosario Castellanos do Congreso del Estado de Chiapas (2019)[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Medalla “Rosario Castellanos” será otorgada a la dramaturga Petrona de la Cruz Cruz". Voces Feministas (en castelán). 5 de agosto de 2019.