Partido Comunista del Pueblo Castellano
Partido Comunista del Pueblo Castellano | |
---|---|
Ideoloxía | Marxismo-leninismo |
Data de fundación | 2000 |
Data de disolución | 2011 |
Sede | Valladolid |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Salamanca, Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos. Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.[1]
En 2011, debido ás disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia[2] unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Programa político de Esquerda Castellana". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2013.
- ↑ Declaración constituínte de Comunistas de Castilla