Parques Nacionais da República de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos parques nacionais en Irlanda.

Os Parques Nacionais da República de Irlanda son seis e conforman unha rede de espazos protexidos de alto valor ecolóxico en Irlanda. Por data de nomeamento, o máis antigo deles é o de Killarney, establecido en 1932. Dende entón, outros cinco foron constituídos, sendo o máis recente o de Ballycroy. O máis pequeno é o coñecido como The Burren que conta con 15 km².

Listaxe de parques[editar | editar a fonte]

Nome Imaxe Condado Superficie Ano de constitución
Ballycroy Condado de Mayo 110 km² 1998
Connemara Condado de Galway 30 km² 1990
Glenveagh Condado de Donegal 170 km² 1984
Killarney Condado de Kerry 105 km² 1932
The Burren Condado de Clare 15 km² 1998
Montañas Wicklow Condado de Wicklow 205 km² 1991

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]