Ourizo da castaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ourizos aínda verdes no castiñeiro
Castañas no ourizo xa chegado

Ourizo é a envoltura espiñenta que recobre o froito do castiñeiro. Na terminoloxía botánica denomínase calibio.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Este froito, típico do outono é o centro de atención das festas do magosto, que se celebran entre os meses de outubro e novembro, xusto cando os ourizos, normalmente maduros e de cor amarela, caen dos castiñeiros formando auténticas alfombras no chan dos soutos.

Ata non hai moitos anos, a xente conservábaos no mesmo souto onde se recollían, nunha construción de pedra chamada ouriceira (ou uriceira).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 161.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]