Opoñerse á extinción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Opoñerse á extinción
Álbum de SES
Publicado2 de decembro de 2016
Xénero(s)Blues, rock e música latina
Selo(s)Fol Música[1]
Cronoloxía
Tronzar os valos (2015) Opoñerse á extinción
SES a actuar en Pontevedra presentando o seu álbum: Opoñerse á Extinción (febreiro de 2017)

Opoñerse á extinción é o cuarto álbum da cantautora bergantiñá SES, que saíu á venda o 2 de decembro de 2016 e que continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, ademais de novas sonoridades e unha pegada clara de cantareira. O álbum conta con once temas sobre honestidade, denuncia social e rabia pola desaparición da cultura galega, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. A propia autora descríbeo coma un disco de amor. Inclúe unha canción (Con Tambores de Mar) dedicada á filla (Sara) dunha das súas cantoras[2]. A Paz Esquiva foi o primeiro sinxelo, lanzado en novembro de 2016. En 2017 comeza unha xira que percorre distintas vilas galegas (A Coruña, Ourense, Burela, Vigo, Pontevedra...) e mesmo fóra de Galiza (Bilbao, Madrid, Badalona).

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Torre de almasí"   2:54
2. "Desde o altar"   4:09
3. "A sodomita"   4:45
4. "Dúas lúas"   4:14
5. "A paz esquiva"   3:51
6. "Con tambores de mar"   4:36
7. "Polo teu corazón"   4:08
8. "Co sorriso ante a malicia"   4:34
9. "Bótanlle leña"   5:38
10. "Se a alma non me doe"   5:45
11. "Romance da bela rosa"   3:25
12. "Semente de vencer"   3:31

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fol Música". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2017. Consultado o 06 de febreiro de 2017. 
  2. "Descrición do álbum na web oficial da cantautora". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]