Ondřej Balvín
Gunma Crane Thunders – No. 12 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1992 (31 anos) Ústí nad Labem |
Nacionalidade | República Checa |
Altura | 2,17 m (7 ft 2 in) |
Peso oficial | 110 kg (243 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2014 / Elección: Sen draftear |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
USK Praha (2009–2010) Sevilla (2010–2016) Bayern München (2016–2017) → Estudiantes (2017) Gran Canaria (2017–2019) Bilbao Basket (2019–2021) Gunma Crane Thunders (2021− ) |
Ondřej Balvín, nado o 20 de setembro de 1992 en Ústí nad Labem, é un xogador profesional de baloncesto checo que xoga para o Gunma Crane Thunders da B.League. Cunha estatura de 2,17 metros xoga na posición de pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Balvín comezou a súa etapa profesional no USK Praha, onde xogou de 2009 a 2010. En 2010 asinou co CB Sevilla da Liga ACB, onde xogou durante seis tempadas. En 2014, presentouse ó Draft da NBA, pero non foi seleccionado.
En xullo de 2016, Balvín uniuse ós Denver Nuggets para a Liga de Verán da NBA de 2016.[1] O 25 de xullo de 2016, asinou un contrato de dous anos co Bayern München da Basketball Bundesliga.[2] O 31 de xaneiro de 2017, foi cedido ata o final de tempada 2016-17 ó CB Estudiantes da Liga ACB.[3]
O 1 de xullo de 2017, Balvín asinou un contrato por unha tempada co CB Gran Canaria da Liga ACB.[4] O 23 de xullo de 2019, Balvín asinou un contrato dun ano co Bilbao Basket.[5] O 3 de xuño de 2020, anunciouse a renovación do contrato de Balvín co Bilbao Basket unha tempada máis.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nuggets Announce 2016 NBA Summer League Roster and Mini-Camp Schedule". NBA.com. 1 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ "Ondrej Balvin signs with Bayern Munich". sportando.com. 25 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2016.
- ↑ "Ondrej Balvin, centímetros para Movistar Estudiantes". acb.com. 31 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ "Ondrej Balvin será una de las torres del Herbalife Gran Canaria". CB Gran Canaria. 1 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2017.
- ↑ "ACB.COM - Ondrej Balvin, centímetros para la pintura del RETAbet Bilbao Basket". www.acb.com. 23 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ "Ondrej Balvin renueva con RETAbet Bilbao Basket". www.acb.com. 3 de xuño de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1992
- Nados na rexión de Ústí nad Labem
- Xogadores de baloncesto olímpicos da República Checa
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do CB Sevilla
- Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)
- Xogadores do CB Estudiantes
- Xogadores do CB Gran Canaria
- Xogadores do Bilbao Basket
- Xogadores da selección de baloncesto da República Checa
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020