Monte da Cidá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°33′42″N 9°00′50″O / 42.561666666667, -9.0138888888889

Lagoa de Vixán dende A Cidá.
Vista dende o monte da Cidá.

O monte da Cidá é un monte de 213 metros de altitude na parroquia de Carreira, no concello coruñés de Ribeira.

No seu cumio atópanse os restos do castro do Monte da Cidá, un poboado castrexo da Idade de Ferro escavado en 2014 e 2015. Tamén hai mámoas do período Neolítico.

Dende o seu miradoiro, chamado A Pedra da Rá, pódese ollar a totalidade do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, así como as parroquias de Artes, Carreira e Aguiño. Asemade hai unhas estupendas vistas da bocana da ría de Arousa, as illas de Sálvora, Ons e Cíes.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.