Miguel Celdrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Celdrán
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Deputado da Asemblea de Estremadura

Circunscrición electoral: Badaxoz
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Miguel Ángel Celdrán Matute, nado en Badaxoz o 4 de marzo de 1940[1] e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2021,[2] foi un político español do Partido Popular, alcalde de Badaxoz, desde 1995 até 2013. Era enxeñeiro técnico industrial e desenvolveu a súa vida laboral como perito taxador. Antes de dedicarse profesionalmente á política era funcionario, enxeñeiro técnico do Gabinete de Seguridade e Hixiene no Traballo. Director e profesor titulado de autoescolas de condutores. Foi senador polo Partido Popular (PP) e deputado na Asemblea de Estremadura polo mesmo partido.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Foi presidente da Asociación de Antigos Colexiais do colexio dos Maristas de Badaxoz e empezou a interesarse pola política a principios dos 80, cando ingresou na extinta Unión de Centro Democrático, onde se integrou o Partido Liberal de Joaquín Garrigues Walker. En 1990 afiliouse ao Partido Popular (PP). Foi Portavoz do Grupo Popular no concello de Badaxoz desde 1991. Nas eleccións de 1995 foi elixido como alcalde por maioría absoluta, maioría que repetiu en 1999, 2003, 2007 e 2011. Senador pola Provincia de Badaxoz desde marzo de 2000, cargo que abandonou o ano seguinte retomándoo en 2004 para abandonalo definitivamente en 2006. Nas eleccións de 2007 foi elixido Deputado por Badaxoz na Asemblea de Estremadura, onde forma parte da Mesa de Idade. Consolidouse como o alcalde co mandato de maior duración de toda a historia de Badaxoz.

Vicepresidente da Executiva Rexional do Partido Popular (PP) en Badaxoz desde outubro de 2000 e Presidente Provincial do Partido Popular (PP) en Badaxoz desde outubro do 2000 até 2004. Membro do Consello Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias. A súa xestión caracterizouse pola pugna coa Deputación Provincial e a Xunta de Estremadura, instancias dominadas polos socialistas, sendo o seu mellor acerto sanear a situación económica herdada e ordenar o funcionamento político e administrativo municipal.[Cómpre referencia]

Declaracións homófobas[editar | editar a fonte]

En 2007, declarou que non casaría dous homes ou dúas mulleres. Ás lesbianas, dixo que había que chamalas "mariconas".[3][4]

En marzo de 2011 protagonizou unhas polémicas declaracións homofóbicas nas que aseguraba que en Badaxoz non hai "palomos cojos y si los hubiese los echarían para fuera". Cabe destacar a reacción protagonizada polo programa presentado polo Gran Wyoming, El Intermedio, da cadea La Sexta, que promoveu unha iniciativa que chamaron "Caravana de palomos" na que homosexuais de toda España foron a Badaxoz manifestarse en contra das declaracións de Miguel Celdrán.[5][6]

Dimisión[editar | editar a fonte]

O 4 de marzo de 2013, coincidindo co seu aniversario, anunciou nunha comparecencia pública a súa renuncia á alcadía tras 18 anos, e á acta de concelleiro. Foi sucedido polo primeiro tenente de alcalde Francisco Javier Fragoso.

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Concelleiro no concello de Badaxoz. (1991-2013)
  • Portavoz do PP no concello de Badaxoz. (1991-1995)
  • Alcalde de Badaxoz. (1995-2013)
  • Senador pola provincia de Badaxoz. (2000)
  • Presidente do PP de Badaxoz. (2004-2008)
  • Senador pola provincia de Badaxoz. (2004-2007)
  • Deputado por Badaxoz na Asemblea de Estremadura. (2007-2011)
Predecesor:
Alberto González
Voceiro do Grupo Popular no
Concello de Badaxoz

1991-1995
Sucesor:
Alejandro Ramírez del Molino
Predecesor:
Gabriel Montesinos
Alcalde de Badaxoz

1995-2013
Sucesor:
Francisco Javier Fragoso
Predecesor:
Vicente Sánchez Cuadrado
Presidente do PP de Badaxoz

2000-2004
Sucesor:
José Antonio Monago

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Senado (ed.). "Celdrán Matute, Miguel Ángel". Arquivado dende o orixinal o 15-11-2011. Consultado o 10-9-2011. 
  2. Romero, Rocío (28 de xaneiro de 2021). "Muere Miguel Celdrán, exalcalde de Badajoz". Hoy (Badaxoz). Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  3. Esta palabra, segundo o DRAE, ten tres acepcións: dúas que son vulgarismos, e unha que é despectiva
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2011. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  5. http://www.hoy.es/20110301/local/badajoz/miguel-celdran-pide-disculpas-201103011333.html
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2011. Consultado o 27 de maio de 2013.