McDonnell Douglas A-4G Skyhawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
McDonnell Douglas A-4G Skyhawk
Tipodefensa da frota, ataque lixeiro
FabricanteMcDonnell Douglas
Introducido1967
Retirado1991
Principais usuariosReal Armada de Australia
Real Forza Aérea de Nova Zelandia
Produción1967 - 1971
Unidades construídas20

O McDonnell Douglas A-4G Skyhawk é unha variante do avión de ataque Douglas A-4 Skyhawk desenvolvida para a Armada Real de Australia (RAN). O modelo estaba baseado na variante A-4F do Skyhawk, e estaba equipado unha aviónica lixeiramente diferente, así como coa capacidade de operar mísiles aire-aire AIM-9 Sidewinder. A RAN recibiu dez A-4G en 1967 e outros dez en 1971, e operou o tipo dende 1967 ata 1984.[1]

No servizo australiano o A-4Gs formou parte do grupo aéreo do portaavións HMAS Melbourne, e foi usado principalmente para proporcionar defensa aérea á frota. Participaron en exercicios en toda a rexión do Pacífico e tamén apoiaron o adestramento de buques de guerra da RAN, así como outros elementos do exército australiano. Os Skyhawk non entraron en combate, e un despregamento planificado dalgúns dos seus pilotos para loitar na guerra de Vietnam foi cancelado. Dez A-4G resultaron destruídos por mor de fallos de equipamento e accidentes durante o tempo de servizo do tipo coa armada, causando a morte de dous pilotos.

A RAN non necesitaba a maior parte dos seus avións de á fixa despois de que o Melbourne fose dado de baixa en 1982, e dous anos despois os dez A-4G restantes foron vendidos á Real Forza Aérea de Nova Zelandia (RNZAF) como adestradores. Entre 1986 e 1991 eses avións foron actualizados e redesignados A-4K.[2] Dous dos antigos A-4G estrelaronse durante 2001, o que provocou a morte dun piloto. Os Skyhawk da RNZAF foron retirados en 2001. Oito A-4K, incluíndo seis antigos A-4G, foron vendidos a Draken International en 2012[3] e están en servizo apoiando exercicios de adestramento militar dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ADF Serials - Skyhawk". www.adf-serials.com.au. Consultado o 2024-05-12. 
  2. "McDonnell Douglas A-4K Skyhawk". New Zealand Warbirds Association Inc. Consultado o 2024-05-12. 
  3. "Draken International Purchases Eight McDonnell Douglas A-4K Skyhawks". www.prnewswire.com (en inglés). Consultado o 2024-05-12.