Manuel García Portela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1905 As Vendas da Barreira, España |
Morte | 11 de maio de 1966 (60 anos) Guadarrama, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cirurxián |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel García Portela, nado nas Vendas da Barreira (Riós) o 6 de xuño de 1905[1] e finado en Guadarrama o 11 de maio de 1966, foi un médico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rematou a carreira de Medicina en Madrid en 1928, e foi axudante de cirurxía de Laureano Olivares Sexmilo. Bolseiro da JAE, perfeccionou coñecementos en Heidelberg e Tubinga. Estaba alí cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e ofreceuse ao bando sublevado en Verín, aínda que foi rexeitado ao non existir praza de cirurxián. Insistiu en Burgos e foi destinado ao Hospital Militar de Griñón (Madrid), alcanzando o grao de capitán. Logo duns anos en Madrid, foi cirurxián nas institucións de Beneficencia da Deputación de Lleida. O 30 de xaneiro de 1942 foi nomeado cirurxián-xefe do Hospital provincial de Palencia. Dende o 20 de outubro de 1943 foi cirurxián-xefe do Hospital provincial Santa María de Lugo. Foi director do Hospital Provincial e decano da Beneficencia, numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, da Sociedade de Cirurxía de Galicia é da Sociedade Internacional de Cirurxía. Foi presidente da xestora do aeroclub de Lugo. Finou nun accidente de tráfico en Guadarrama o 11 de maio de 1966 xunto co seu sobriño político Dositeo Bal Piñeiro.[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Unha rúa de Lugo leva o seu nome.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Esther Díaz López, e foi pai de Francisco Javier, María e Esther García Díaz.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). USC. p. 497. ISBN 978-84-9750-644-1.
- Vilanova, Alberto (2005). "García Portela, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cora, José de (3/3/2021). "Manuel García Portela" El Progreso (en castelán).