Manuel Gómez Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Franza, España |
Morte | agosto de 1952 (40/41 anos) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Fera Brava Manolo do Penso |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Gómez Varela, Fera Brava ou Manolo do Penso, nado no Penso (Franza, Mugardos) en 1911 e finado en agosto de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xornaleiro, operario do Seixo en Mugardos. Na República militou no Partido Galeguista, do que foi secretario de organización, e estaba afiliado á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. En xullo de 1939 fuxiu a Francia desde Ares con 26 compañeiros e compañeira na evasión do bou Ramón. Confinado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer, foi devolto ás autoridades franquistas pola policía de Vichy en xaneiro de 1941. Condenado, estivo cinco anos na cadea. Ao saír en liberdade colaborou como enlace coa guerrilla e incorporouse ao monte en 1948 integrándose no destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi executado polos seus compañeiros en agosto de 1952.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Gómez Varela: un militante nacionalista na guerrilla antifascista Arquivado 23 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- Ficha en los de la sierra (en francés)