Ma Boyong
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1980 (43 anos) Chifeng, República Popular da China (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Popular da China (1980–) |
Grupo étnico | Pobo manchú |
Actividade | |
Ocupación | novelista , guionista |
Empregador | Schneider Electric (2005–2015) |
Partido político | Partido Comunista de China |
Lingua | Chinés simplificado |
Premios
| |
Ma Boyong (chinés simplificado: 马伯庸; pinyin: Mǎ Bóyōng), nado en 1980 en Chifeng, Mongolia Interior, é un autor chinés de ciencia ficción, baixo o pseudónimo de Ma Li (chinés simplificado: 马力; pinyin: Mǎ Lì).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Escritor, ensaísta, profesor, redactor en Internet e prolífico blogueiro moi coñecido no ámbito chinés,[1] conta con preto de 7 millóns de seguidores en Weibo.[2] O seu traballo mestura a ucronía, a ficción histórica, o wuxia (fantasía de artes marciais) as fábulas e outros elementos característicos da ciencia ficción e da fantasía.
Estudou mercadotecnia e comunicacións na Universidade de Waikato.
As súas novelas son unha complexa xustaposición de elementos históricos chineses e da cultura pop moderna. Por exemplo, o seu thriller, en formato de relato curto, Chang'an ambientado na época da dinastía Tang utiliza o formato da moderna serie norteamericana 24. Tamén é autor de dúas novelas curtas wuxia nas que aparece Xoana de Arco. Os xogos do Primeiro Emperador parte da premisa de que Qin Shihuang, primeiro emperador da China, era un grande afeccionado aos videoxogos.
En Planetas Invisíbeis pódese atopar outro relato de Ma Boyong.
Obra[editar | editar a fonte]
Libros[editar | editar a fonte]
- 寂静之城, Pinyin jìjìng zhī chéng ["Cidade Silenciosa“], publicado en maio de 2005
- Os xogos do Primeiro Emperador ; 秦始皇的假期 ; publicado en xuño 2010
- 风雨 〈洛神赋〉, [„Vento e Chuvia“]; publicado en setembro 2010;
- The City of Silence parte da antoloxía Invisible Planets, ISBN 978-1-78669-278-8.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 339–. ISBN 978-84-9181-924-0.
- ↑ https://www.waikato.ac.nz/news-opinion/media/2019/famous-chinese-literary-genius-got-his-inspiration-from-waikato
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- 马伯庸 (La literatura china traducida en España)