Luis de Vivero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | (Con vida en: século XV ) |
Luis de Vivero, foi un poeta galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Luis de Vivero foi un poeta do século XV da familia dos Vivero, e Hernando del Castillo cítao no seu cancioneiro.[1]
A súa composición Guerra de amor, foi destacada por Antonio López Ferreiro como unha das súas mellores obra, e dela Benito Varela Jácome tamén di que están escritos con soltura, expresados perfectamente en versos que encerran certo eco dos cancioneiros galegos e o ritmo musical dunha tonada popular.[1][2]
Tamén compuxo diferentes coplas e cancións.[1]
Outra das súas obras foi Diálogo con la tristeza.[1]
Menéndez Pelayo eloxiou ó vizconde de Altamira, pero dixo que quizais o avantaxou en dotes poéticos outro cabaleiro de Galicia [...]. Chamábase o tal don Luis de Vivero, e o "Cancionero" contén moi lúcidas mostras do seu nume, especialmente a composición alegórica "Guerra de amor" [...].[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Chao Espina, Enrique. "Vivero, Luis de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ Tradución do orixinal en castelán: "están escritos con soltura, expresados perfectamente en versos que encierran cierto eco de los cancioneros gallegos y el ritmo musical de una tonada popular.