Louis Leakey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Louis Seymour Bazett Leakey 7 de agosto de 1903 Nairobi, Kenya |
Morte | 1 de outubro de 1972 (69 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Kenya |
Educación | St John's College (pt) Weymouth College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía |
Ocupación | antropólogo , paleoantropólogo , paleontólogo , autobiógrafo , arqueólogo , prehistoriador , conservador |
Empregador | Universidade de Cambridge Coryndon Museum (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Leakey (1936–1972), morte da persoa Henrietta Leakey (1928–) |
Fillos | Richard Leakey () Mary Leakey Priscilla Muthoni Avern Leakey (en) () Henrietta Leakey Jonathan Leakey (pt) () Mary Leakey Philip Leakey (en) () Mary Leakey Colin L. A. Leakey (en) () Henrietta Leakey |
Pais | Harry Leakey (pt) e Mary Bazett (pt) |
Premios
| |
Louis Seymour Bazett Leakey, nado en 1903 e finado en 1972, foi un paleantropólogo británico. As súas investigacións foron importantes para establecer o o desenvolvemento da evolución humana en África.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Kenya, educado con africanos aprendeu a falar kikuyu case ao tempo que o inglés. Aos 13 anos descubriu ferramentas de pedra e comezou a desenvolver a paixón pola prehistoria, graduouse na Universidade de Cambridge en 1926. Descubriu moitos esqueletos humanos e protohumanos na Garganta de Olduvai e na Illa Rusinga. Entre os seus descubrimentos está o Zinjanthropus (1959), chamado posteriormente Paranthropus boisei, e o do Homo habilis.
Outro dos legados de Leakey foi a comprensión que o estudo dos primates no seu hábitat natural era a chave para comprender os misterios da evolución humana. Leaky elixiu tres investigadoras, Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas.
Louis Leakey casou con Mary Leakey, quen fixo quizais o máis importante descubrimento da época paleolítica, as pegadas de Laetoli, que estableceron o a datación máis antiga do bipedismo.
Tamén foi o pai do paleoantropólogo Richard Leakey