Lista de composicións de Manuel Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Quiroga en 1911.

A seguinte lista presenta todas as composicións do violinista e compositor galego Manuel Quiroga Losada. As composicións están divididas en catro grupos distintos: composicións orixinais, estudos e caprichos, transcricións de obras doutros compositores, e cadencias de concertos doutros compositores. A orde que emprega está lista é cronolóxica no caso de que se coñeza o ano de composición da obra, dentro das obras do mesmo ano o criterio empregado é a data de estrea, e no caso de que esta non se coñeza sería a data de publicación; no caso de non coñecerse a data de composición, se emprega a data de estrea, e no caso de que non se coñezan as datas de composición e estrea tómase a data de publicación. Os títulos das composicións son os orixinais e na descrición indícanse as características da obra, datos sobre o lugar, e os intérpretes da estrea, no caso de seren coñecidos.

Obras orixinais[editar | editar a fonte]

Data de composición Lugar de composición Título Data de estrea Publicada Dedicatoria Descrición
Descoñecida Descoñecido 1ª Guajira/ La “Guajira” (Danse Cubaine) 1924 Editions Maillochon, París (1924) Ningunha Allegro vivace
Esta canción cubana aparece entre as doce composicións do grupo de danzas españolas para violín e piano, aparecendo co número 12. Consérvase un manuscrito no que o propio Quiroga indica: "Hai neste texto rectificacións que non publica o exemplar en circulación". Está maioritariamente escrita en compás de 6/8, con algunha alternancia de 3/4, con ritmo típico de guajira. Foi estreada na Salle Gaveau de París.
1924 París "Emigrantes"/ Emigrantes Celtas (Lonxe d’a terriña...! Lonxe d’ó méu lar...!) 29 de marzo de 1925 Editions Maillochon, París (1925) Ningunha Recitado (con numerosas marcas de rubato)
Fantasía para violín só baseada no tema "Lonxe d’a terriña...Lonxe d’ó méu lar...". Tamén foi editada por Terra... A Nosa! como set de dúas pezas para violín só. Escrita en Dó menor e alterna os compases de 3/4 e 4/4. Ten unha forma ternaria ABA. Consérvanse tres manuscritos da obra, dos cales un é anterior ao ano de edición. A súa estrea tivo lugar na cidade de Vigo.
1924 París Muñeira/ Terra!!... Á Nosa!!) 29 de marzo de 1925 Editions Maillochon, París (1925) Ningunha Allegro vivace
Danza galega para violín só. Tamén foi editada como set de dúas pezas para violín só xunto con Emigrantes Celtas por Terra... A Nosa!. Escrita en campás de 6/8, ao igual que a muñeira. Ten unha extensión de 116 compases, doas cales 37 pertencen á introdución, e 27 á Coda. Consérvanse partes incompletas do manuscrito. A súa estrea tivo lugar na cidade de Vigo.
Descoñecida Descoñecido 2ª Guajira (Danza Cubana) 25 de marzo de 1925 Editions Maillochon, París (1925) Ningunha Allegro
Esta canción cubana aparece entre as doce composicións do grupo de danzas españolas para violín e piano, aparecendo co número 3. Consérvanse catro manuscritos (un deles só ten a parte de violín) entre os cales case non hai grandes diferenzas (principalmente articulacións). Alterna os compases de 6/8 e 3/4. Ten unha forma ternaria ABA'. A súa estrea realizouse na cidade de Vigo o mesmo ano da súa publicación.
Descoñecida Descoñecido 1º Concerto dans le Style Antique 31 de marzo de 1925 Editions Maillochon, París (1925)
(versión para violín e piano)
Ningunha Para violín e orquestra de cámara en estilo neoclásico. Consta de tres movementos ao xeito dos concertos barrocos:
I. Allegro con brio
II. Grave
III. Presto
Consérvanse tres copias de cada unha das versións (para violín e orquestra e para violín e piano); unha das versións para violín e piano presenta trocos na parte do violín (dinámicas, articulacións, ornamentos...). A súa estrea tivo lugar na cidade da Coruña na súa versión para violín e piano.
1925 París Playera y Zapateado (Danza Andaluza)/ La “Playera” y El “Zapateado” 25 de marzo de 1925 Editions Maillochon, París (1925) Ningunha Moderato - Allegro vivace - Presto
Sexta das doce composicións do grupo de danzas españolas escritas para violín e piano. A Playera é tamén coñecida como "seguiriya gitana" e é unha forma ABA, mentres que o Zapateado é unha danza flamenca na que se alternan un rítmico refrán cunha sección cantabile. Está escrita alternando os compases de 3/8 e 3/4. Parece ser que houbo unha versión posterior da obra. A súa estrea tivo lugar na cidade de Vigo o mesmo ano da súa composición.
1925 París Jota nº 1 (Scherzo)/ "La Jota" (Danse aragonaise) 29 de marzo de 1925 Editions Maillochon, París (1925) Ningunha Allegro - Piú Moderato - Tempo Primo
Oitava das doce composicións do grupo de danzas españolas escritas para violín e piano. Está escrita en compás de 3/4 e ten unha estrutura ABA. Consérvase unha única copia. Foi estreada o mesmo ano da súa composición en Vigo.
1925 París Alborada (Galicia)/Alborada (Danse Celta) 31 de marzo Editions Maillochon, París (1925) Ningunha Larghetto
Escrita para violín e piano baseada na famosa melodía Un adiós a Mariquiña de José Castro González, "Chané". Os 17 compases da introdución están en 2/4, mentres que o resto alterna os compases de 6/8 e 9/8. Diferéncianse catro sección na obra. Consérvase un manuscrito no Museo Provincial de Pontevedra. A súa estrea tivo lugar na cidade da Coruña.
Descoñecida Descoñecido 1ª Habanera/ La "Habanera" 13 de marzo de 1928 Editions Maillochon, París (1924) Ningunha Moderato
Está escrita en compás de 2/4 e nunha forma ternaria ABA'. Ten 86 compases de extensión, dos cales os tres primeiros son unha introdución do piano, á que lle segue unha introdución do violín ata o compás 21, no que comeza o ritmo de habanera. Consérvanse dúas copias manuscritas, das cales unha semella estar escrita con posterioridade á publicación da obra. Descoñécese a data de composición, e aínda que foi publicada en 1924 a súa estrea, na cidade da Habana (Cuba), non tivo lugar ata 1928.
Descoñecida Descoñecido Zortzico (Danse Basque) 25 de marzo de 1928 Publications Raoul Breton, París (1928) Ningunha Moderato
Novena das doce composicións do grupo de danzas españolas escritas para violín e piano. Esta danza vasca está escrita en La menor e compás irregular de 5/8. A súa estrutura é unha sinxela forma binaria AA' na que cada sección se pode dividir en tres partes diferenciadas, das cales a central está no relativo maior. Consérvase unha copia manuscrita que só difire da editada nalgunhas arcadas. A súa estra tivo lugar na cidade de Nova York.
Descoñecida Descoñecido Canto amoroso ou Lento amoroso 1928 Publications Raoul Breton, París (1928) Ningunha Moderato
Esta pequena peza para violín e piano de 40 compases está escrita en compás de 6/8 e comeza con nove compases do violín só marcados como Recitativo a piacere, posteriormente distínguense dúas seccións antes da Coda, marcada como Presto. A súa estrea tivo lugar na cidade de Nova York. Consérvanse catro manuscritos no Museo Provincial de Pontevedra.
Descoñecida Descoñecido Neuf Variations sur un Théme de Nicolo Paganini Descoñecida Publications Raoul Breton, París (1928) Ningunha Tema e variacións para violín só. O tema de Niccolò Paganini empregado foi moi versionado na historia da música por compositores como Johannes Brahms. Consérvase unha copia manuscrita anterior á publicación da obra, tamén existen versións máis curtas dalgunhas variacións con diferenzas de arcos, notas ou ritmos.
1936 París Jota nº 2/ "Scherzo-Jota" Descoñecida Ningunha Ningunha Allegro - Cantabile molto meno - A Tempo
Quinta das doce composicións do grupo de danzas españolas escritas para violín e piano. Está escrita en compás de 3/4 e ten unha estrutura ABA. Existen tres copias diferentes da parte do violín, permanecendo perdida a parte de piano.
1936 París Canto y Danza Andaluza 5 de marzo de 1937 G. Schirmer, Nova York (1937) "À mon grand ami Georges Gould"
("Ao meu gran amigo Georges Gould")
Allegretto non troppo - Più lento - Tempo I
Primeira das doce composicións do grupo de danzas españolas escritas para violín e piano. Está escrita en compás de 3/4 e está dividida en dúas seccións ben diferenciadas tanto en carácter como en tempo ou ritmo ("Canto" e "Danza"). Existen catro manuscritos que se conservan no Museo de Pontevedra. Foi estreada en Nova York polo propio Quiroga acompañado ao piano por José Iturbi.
1936 París Lamento Andaluz Descoñecida Ningunha Ningunha Lento
Trátase dunha romanza para violín e piano. Escrita en compás de 3/4 e Dó menor, ten unha forma ABA'. Existen cinco copias da partitura, mais todas elas son da parte de violín.
Descoñecida Descoñecido 1ª Danza Argentina/ "Danza Argentina" 5 de abril de 1937 Editions Salabert, París (1939) Ningunha Lento a piacere - Allegro moderato - Lento - Tempo
Tango para violín e piano escrito en compás 2/4 con pasaxes en 3/4. Está en Sol Maior e comeza cunha longa introdución do violín á que lle segue unha estrutura ternaria ABA. Consérvanse dous manuscritos da obra, un deles incompleto. A súa estrea tivo lugar na cidade de Nova York en 1937, dous anos antes de ser editada.
Descoñecida Descoñecido Rondalla Descoñecida Editions Salabert, París (1937) Ningunha Moderato - Allegro - Piu lento - Allegro vivace
Editouse en París en 1939, aínda que existen dúas copias diferentes anteriores á súa publicación. Está en Sol Maior e en compás de 3/4 cunha forma ABA'B.
1938 Descoñecido Galicia (himno) Descoñecida Ningunha Ningunha Allegro marcia
Himno para violín e piano, escrito en compás de 2/4 e Si bemol Maior. A estrutura da obra é ABAACA. Consérvanse tres copias, dúas das cales son moi parecidas estre si, mentres que o terceiro manuscrito é máis curto e presenta algunhas diferenzas máis.
1939 París Zapateado/ "Danse du solier" Descoñecida Ningunha Ningunha Allegro molto.
Cuarta das doce composicións do grupo de danzas españolas escritas para violín e piano. Está escrita en Re Maior e alterna os compases de 3/4 e 6/8. A estrutura da danza é ABA', onde a parte B é máis longa, e comeza cunha pequena introdución de 4 compases en 6/8 marcada como Scherzando. Existen tres copias manuscritas, mais só da parte de violín.
1942 París 12 Variaciones sobre el Capricho Nº 24 de Nicolo Paganini Descoñecida Ningunha Ningunha Tema e variacións para violín só. O tema empregado por Quiroga pertence ao último dos 24 Caprichos de Niccolò Paganini. Consérvase unha copia manuscrita coa data e sinatura do propio compositor.
Descoñecida Descoñecido 2ª Habanera Descoñecida Ningunha Ningunha Danza cubana para violín e piano. Non marca indicación de tempo. Está escrita en Re menor e compás de 2/4, e a súa estrutura é cuaternaria ABA'B' cunha introdución de 9 compases e Coda nos tres últimos compases. Consérvase un manuscrito da parte de violín de difícil lectura.
Descoñecida Descoñecido 2ª Danza Argentina Descoñecida Ningunha Ningunha Danza arxentina entre o tango e a habanera, escrita para violín e piano. Non ten unha indicación xeral de tempo, mais ao principio das distintas seccións aparecen as indicacións marcatto - tempo - lento. Consta dunha introdución e tres partes ABB'. Consérvase unha única copia manuscrita da obra, mais é unicamente da parte de violín.
Descoñecida Descoñecido ¡¡España!! (himno) Descoñecida Ningunha Ningunha Himno para violín e piano (non é unha transcrición ou adaptación da Marcha Real). Sen especificación de tempo, está escrita en compás de 4/4 e Fa Maior. Está escrita en forma rondó ABACA e aínda que as seccións non son moi contrastantes, o refrán é máis legato e cantabile. Consérvanse dúas copias manuscritas, mais ningunha delas co acompañamento de piano.
Descoñecida Descoñecido Alalá 31 de marzo Ningunha Ningunha Canción galega para violín e piano. A súa estrea tivo lugar na cidade da Coruña.
Descoñecida Descoñecido Viena/ "Vienesa-Valse" Descoñecida Ningunha Ningunha Tempo de Valse
Escrita en compás de 3/4 de Do Maior. A peza é un valse vienés clásico e presenta unha forma ABA, e cada unha das seccións está dividida noutras dúas seccións, a parte B finaliza nunha Cadenza Presto en Sol Maior. Consérvanse dúas copias manuscritas, mais as dúas son da parte de violín.
Descoñecida Descoñecido 2º Concerto Antico Descoñecida Ningunha Ningunha Tan só chegaron a nos 14 compases do primeiro movemento (Allegro moderato), dos cales os 10 primeiros constitúen o ritornello (tutti), e os catro seguintes o principio do solo de violín.

Estudos e Caprichos[editar | editar a fonte]

Data de composición Lugar de composición Título Data de estrea Publicada Dedicatoria Descrición
1936 (Caprichos 1 e 3)
1937 (Capricho Nº 2)
París (os tres) Tres Caprichos Descoñecida Editions Salabert, París (1939) Nº 1: "À Rogelio Huguet y Tagell"
Nº 2: "À Eduardo Fabini"
Nº 3: "À Enrique Caroselli"
Caprichos de estudo. Consérvanse cinco copias manuscritas da colección dos tres caprichos, e nalgunhas delas os caprichos 2 e 3 aparecen intercambiados, e só dous dos manuscritos presentan algunha diferenza, un deles parece ser unha copia menos elaborada e sen revisar anterior á publicación. A continuación os distintos caprichos coa súa forma entre parénteses:
Nº 1 Allegro Vivace (ABA')
Nº 2 Allegro (ABA)
Nº 3 Andantino - Scherzando - Allegro Molto (AB)
1941 París Bruissement d’ailes Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "Á Ventura Montroig" Allegro Moderato - Allegro molto - A Tempo
Capricho para dous violíns que Quiroga adaptou dun capricho propio para un violín (o Nº 4). De tan só 37 compases, está escrito en compás de 4/4 e 2/4. Presenta a mesma forma que o capricho orixinal para violín só, sendo a parte do segundo violín entre os compases 7 e 35 a mesma que a voz inferior do orixinal entre os compases 2 e 29 con cambios na tesitura. Consérvase unha copia manuscrita á que lle falta a introdución (comeza no compás 6), comezando como Allegro molto en lugar de Allegro Moderato, e non figuran máis cambios de tempo.
1941 (Capricho Nº 4)
1942 (Caprichos 5 e 6)
París Seis Caprichos Descoñecida Parcialmente publicados por Editions Salabert en 1939 (Caprichos 1 a 3), mentres que o resto non foron publicados. Ningunha Consérvanse dous manuscritos do capricho Nº4 e unha do Nº 5 e do Nº 6. Unha das copias do cuarto capricho inclúe versións máis curtas opcionais e algunhas notas diferentes, mentres que do capricho Nº 5 hai unha segunda opción de arcos. A continuación os distintos caprichos coa súa forma entre parénteses:
Nº 4 Allegro Moderato
Nº 5 Tarantella (Presto) (ABA)
Nº 6 Allegro Scherzando - Presto (AA')
Descoñecida Descoñecido Estudo Descoñecida Ningunha Ningunha Catro estudos para violín ao xeito de Otakar Ševčík ou Henry Schradieck para a destreza da man esquerda. Escritos todos en La Maior e na corda Sol como exemplo, cada un dos estudos debe repetirse en todas as cordas. Consérvase unha copia manuscrita.
Descoñecida Descoñecido Scherzando Descoñecida Ningunha Ningunha Scherzando - Presto
Capricho para dous violíns que Quiroga adaptou dun capricho propio para un violín (o Nº 6). Escrita en Mi menor e en compás de 6/8, presenta a mesma estrutura binaria que o capricho orixinal para violín só (AA'). A parte do primeiro violín é igual á voz superior do Capricho Nº 6 con algúns cambios rítmicos, pasaxes á oitava, algunhas notas diferentes, e novas articulacións e arcadas; mentres que a segunda voz se corresponde á voz inferior do capricho orixinal, á que engade ornamentacións, pasaxes á oitava, e algúns pasaxes novos. Consérvase unha copia manuscrita.

Transcricións[editar | editar a fonte]

Data de composición Lugar de composición Título Data de estrea Publicada Compositor Descrición
Descoñecida Descoñecido Allegrissimo Descoñecida J. Hamelle, París (1921) Domenico Scarlatti Transcrición ou arranxo para violín só. En La Maior. É, a excepción dos primeiros cinco compases, un perpetum mobile e modula á dominante e ao relativo menor. Foi publicada nunha colección de tres pezas: M. Quiroga. Transcriptions et arrangements pour Piano et Violon. Consérvase unha copia manuscrita idéntica á publicada.
Descoñecida Descoñecido Allegro Descoñecida J. Hamelle, París (1921) Domenico Scarlatti Transcrición ou arranxo para violín e piano. Foi publicada nunha colección de tres pezas: M. Quiroga. Transcriptions et arrangements pour Piano et Violon. Non se conserva manuscrito.
Descoñecida Descoñecido Andante Cantabile Descoñecida J. Hamelle, París (1921) Felix Mendelssohn Transcrición ou arranxo para violín e piano. Escrita en Si Maior e compás de 4/4. A súa forma é AABA. Foi publicada nunha colección de tres pezas: M. Quiroga. Transcriptions et arrangements pour Piano et Violon. Consérvase unha copia manuscrita idéntica á partitura editada, con tan só algúns cambios de arco.

Cadenzas[editar | editar a fonte]

Data de composición Lugar de composición Obra Compositor Data de estrea Publicada Dedicatoria Descrición
1921 París Concerto para violín Nº 1 en Re Maior, Op 6 Niccolò Paganini Descoñecida Ningunha Ningunha A primeira cadenza composta por Quiroga para o primeiro concerto para violín de Paganini non foi publicada e consérvase un único manuscrito asinado, datado, e coa inscrición "Rêne su bord de l'eau (E.S.)". Trátase dunha cadenza longa, de 62 compases, e cunha estrutura ternaria ABA'.
1939 París Concerto para violín Nº 3 en Sol Maior, K 216 Wolfgang Amadeus Mozart Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "A mi hermano Emilio" O violinista pontevedrés compuxo cadenzas para os tres movementos deste concerto. Actualmente consérvanse catro copias manuscritas. No primeiro movementos dos manuscritos aparecen máis indicacións dinámicas e unha segunda opción (ossia), mentres que os outros dous movementos son similares á edición impresa. Formalmente as cadenzas dos movementos son: AB, AB con Coda, e a terceira son catro fragmentos que conectan as distintas seccións do movemento.
1940 París Concerto para violín en Re Maior, Op 77 Johannes Brahms Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "A María Galvani" Quiroga compuxo unha cadenza para o primeiro movemento do concerto para violín de Brahms, da cal se conservan dous manuscritos que son idénticos á edición impresa, mais con algún troco nalgúns arcos. Esta elaborada cadenza consta de cinco seccións e alterna os compases de 3/4 e 4/4.
1940 París Concerto para violín Nº 4 en Re Maior, K 218 Wolfgang Amadeus Mozart Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "A mi hermano José" Consérvanse dúas copias manuscritas das tres cadenzas para o 4º concerto para violín de Mozart, nas cales o primeiro movemento é case idéntico ao da edición impresa (trocos nalgúns arcos, diferenzas rítmicas, e algunhas notas distintas), no segundo hai diferenzas nalgunhas dobres cordas, mentres que a cadenza do terceiro é similar á edición impresa. Estas cadenzas son curtas, a máis longa delas ten 36 compases, mentres que as outras teñen 17 e nove compases.
1940 París Concerto para violín Nº 5 en La Maior, K 219 Wolfgang Amadeus Mozart Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "A mi hermana Pilar" Quiroga compuxo cadenzas para os tres movementos deste concerto. Consérvanse dúas copias manuscritas que presentan popucos trocos respecto á edición impresa. As cadenzas do primeiro e segundo movementos teñen a mesma extensión (23 compases), mentres que a do terceiro é moi breve, con tan só 5 compases.
1940 París Concerto para violín Nº 6 en Mi bemol Maior, K 268 Wolfgang Amadeus Mozart (atribuído) Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "À mon ami Firmin Touche. Professeur au Conservatoire National de Paris" ("Ao meu amigo Firmin Touche. Profesor no Conservatorio Nacional de París") Manuel Quiroga compuxo unha cadenza para o segundo movemento deste concerto. A cadenza consiste en dous fragmentos que unen distintas seccións do concerto. Consérvase unha única copia manuscrita da partitura, na que especifica que a cadenza pertence ao segundo movemento. O segundo pasaxe é máis longo que o primeiro (10 compases fronte a 5).
1940 París Concerto para violín Nº 1 en Re Maior, Op 6 Niccolò Paganini Descoñecida Editions Salabert, París (1940) "A mi hermano Carlos"
"A Esperanza Mayor de Quiroga"
Quiroga compuxo unha cadenza para o primeiro concerto de Paganini despois da escrita en 1921. Desta segunda cadenza consérvanse cinco copias manuscritas nas que as partes están invertidas, as partes ossia aparecen na parte inferior, mentres que na primeira versión aparecen na parte superior da partitura. As copias manuscritas presentan algunhas variacións respecto da edición impresa. Para moitos pasaxes hai dúas, tres, e mesmo catro opcións. Aínda que a edición impresa adicoulla ao seu irmán Carlos, nun dos manuscritos figura a dedicatoria "A Esperanza Mayor de Quiroga".
1941 París Concerto para violín en Re Maior, Op 61 Ludwig van Beethoven Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "A mi hermano Carlos" Manuel Quiroga compuxo cadenzas para os tres movementos deste concerto. Salientan as anotacións de dixitados que aparecen na do segundo movemento. A cadenza do primeiro movemento presenta algúns cambios respecto da edición impresa, mentres que na do terceiro só cambia a indicación Presto nos últmis cinco compases. Consérvase un manuscrito de todas elas no Museo Provincial de Pontevedra.
1940 París Concerto para violín Nº 7 en Re Maior, K 271a Wolfgang Amadeus Mozart (atribuído) Descoñecida Editions Salabert, París (1941) "À mon ami J. Walen" ("Ao meu amigo J. Walen") O violinista galego compuxo cadenzas para os tres movementos deste concerto, das cales se conserva unha única copia manuscrita que presenta algunhas diferenzas respecto á edición impresa. Aínda que a edición impresa está adicada a J. Walen, o manuscrito ten a dedicatoria "A mi amigo Antonio Nuñez Vila".
Descoñecida Descoñecido Cadencia para una fantasía - Descoñecida Ningunha Ningunha Cadenza para violín só de Manuel Quiroga. Consérvanse dúas copias manuscritas, das cales a primeira é máis limpa e a segunda é unha copia anterior que presenta algunhas variacións rítmicas, poucas variacións métricas e sen ningunha indicación de expresión ou de interpretación. É unha cadenza longa (67 compases), en compás de 2/4 e en tonalidade de Mi Maior. Está escrita nunha forma improvisada, mais presenta tres seccións diferentes (na última delas aparece unha indicación "espressivo". Non presenta moita dificultade para a man dereita, mais si para a esquerda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]