Lionel Walter Rothschild

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaO moi honorábel Editar o valor em Wikidata
Lionel Walter Rothschild

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Walter Rothschild, 2nd Baron Rothschild Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1868 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1937 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Tring, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério judaico de Willesden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of the British Ornithological Union (en) Traducir
1923 – 1928
← Henry John Elwes (pt) TraducirWilliam Lutley Sclater (pt) Traducir →
Membro do 28º Parlamento do Reino Unido
12 de xaneiro de 1906 – 10 de xaneiro de 1910 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Aylesbury (en) Traducir

Membro do 27º Parlamento do Reino Unido
1 de outubro de 1900 – 8 de xaneiro de 1906 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Aylesbury (en) Traducir

Membro do 26º Parlamento do Reino Unido
6 de xaneiro de 1899 – 17 de setembro de 1900 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Aylesbury (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMagdalene College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía, entomoloxía, Ornitoloxía, político, financeiro e coleccionista Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbanqueiro , entomólogo , ornitólogo , político , lepidopterólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (1911–) Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaRothschild Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaRothschild Editar o valor em Wikidata
FillosOlga Alice Muriel Rothschild (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisNathan Rothschild, 1º Barão Rothschild (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Emma Louisa Rothschild (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCharles Rothschild (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Rothschild-115 Find a Grave: 6133655 Editar o valor em Wikidata


Lionel Walter Rothschild, 2º barón Rothschild, nado en Londres, Inglaterra, o 8 de febreiro de 1868, e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1937, foi un banqueiro, político e zoólogo británico, membro da prominente familia Rothschild.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rothschild na súa carruaxe.

Estudou no Magdalene College da Universidade de Cambridge. Coñecido pola súa excentricidade, tiña canguros no xardín da súa casa, e chegou a adestrar a un grupo de cebras para que tiraran da súa carruaxe. Entre 1889 e 1908 traballou na empresa familiar N. M. Rothschild and Sons de Londres.

Zooloxía[editar | editar a fonte]

A súa gran paixón foi a zooloxía, especialmente a disecar a aves e coleccionar bolboretas. Neste sentido foi patrocinador e membro de varias expedicións zoolóxicas a numerosas partes do mundo, así como autor de numerosos escritos sobre a materia.

Construíu un zoolóxico particular na localidade de Tring, cerca da súa residencia de Hertfordshire, que se abriu ao público en 1892. En 1932, para poder facer fronte a problemas económicos, cedeu a maior parte da súa gran colección de aves ao Museo Americano de Historia Natural. O resto da colección iría a parar ao Museo Británico un pouco máis tarde, en 1936. O "Museo Zoolóxico Walter Rothschild" é hoxe unha sección do Museo de Historia Natural de Londres.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Foi deputado conservador por Aylesbury entre 1899 e 1910.[1] De ideas sionistas e amigo próximo do líder sionista británico Chaim Weizmann, é coñecido por ter sido o destinatario da Declaración Balfour, unha carta enviada polo ministro de Asuntos Exteriores Arthur Balfour, do partido conservador, o 2 de novembro de 1917, na que se lle informaba da decisión do Goberno británico de apoiar a construción dun «fogar nacional xudeu» no Mandato Británico de Palestina, e se lle pedía que puxera esta decisión en coñecemento da Organización Sionista Mundial.[1] Cómpre aclarar, porén, que finalmente, trinta anos máis tarde, no momento decisivo en 1948, xa morto Rothschild, foi o partido laborista o que pediu o recoñecemento por parte do Reino Unido do estado de Israel que se estaba creando, con Chaim Weizmann, íntimo amigo de Walter e un gran liberal, como primeiro presidente de Israel.[2]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Rothschild emprégase para recoñecer a Lionel Walter Rothschild como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.