Leirado, Quintela de Leirado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leirado
Igrexa de San Pedro de Leirado.
ConcelloQuintela de Leirado[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°07′49″N 8°05′27″O / 42.130152777778, -8.0907583333333Coordenadas: 42°07′49″N 8°05′27″O / 42.130152777778, -8.0907583333333
Poboación205 hab. (2023)
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Leirado é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 205 habitantes (101 homes e 104 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

En 1893 constituíronse as novas parroquias de Quintela de Leirado e de Xacebáns, segregándose os seus lugares de Leirado.[3] Ademais, perdeu algún lugar que pasou a formar parte da nova parroquia de Mociños e gañou outros que procedían da extinguida parroquia de Leirado (Santa María).[4]

Patrimonio artístico[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial[editar | editar a fonte]

De estilo barroco, foi construída entre 1664 e 1710. Pertenceu ó mosteiro de Ramirás. É de planta de cruz latina, con tres naves separadas por columnas e cubertas de madeira. Sobre o cruceiro ten unha bóveda con lanterna que ilumina o altar. A ábsida ten bóveda de crucería. A sancristía ten bóveda de canón cun curioso lavamáns con forma de cabeza, que bota auga pola boca.

O retablo é de estilo rural galego, obra de Alonso López e Bernardo de Cores. O sagrario, duns 2,20 metros de alto, está dividido en tres corpos. Inclúe na súa porta unha miniatura representando a Última Cea. Nos laterais ten representacións da adoración dos pastores e o nacemento do Salvador. No segundo corpo represéntase o sacrificio de Abraham, e no terceiro a escena de David e Goliat. Os enmarques do retablo están decorados con diversas escenas da vida da Virxe, no Novo Testamento e representacións de santos.

Nas inmediacións do templo consérvanse os restos dun via crucis.

Capela da Virxe dos Remedios[editar | editar a fonte]

Ten unha torre, co campanario, á esquerda da fachada que destaca pola súa robustez, en contraste con outras da época da mesma comarca, máis estilizadas. A fachada principal ten dous corpos. O primeiro está enmarcado por dous pares de pilastras apoiados que franquean a porta principal, sobre a que se insinúa un frontón barroco, e os seus laterais non se pechan ó concluír en volutas. Na parte central deste frontón ábrese un nicho coa imaxe da Virxe. Sobre este primeiro corpo hai un segundo, posterior con forma de frontón e no seu centro ábrese un rosetón que ilumina o interior.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Leirado[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Leirado no concello de Quintela de Leirado (Ourense)

Agua Levada | Ataínde | Cabanelas | Costa | Fondóns | Forxán | Fraguas | Lavandeira | Leirado | A Mourisca | Pousa | Tornadoiro | Val

Parroquias de Quintela de Leirado[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado

Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]