La República (1930)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La República.
La República | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
La República foi un semanario editado en Ourense entre 1930 e 1931.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano de la Federación Republicana de Orense, apareceu o 4 de maio de 1930. Foi unha iniciativa da Federación Republicana para a que funcionou como voceiro. Estaba dirixido por Jacinto Santiago. O director e dous dos redactores foron procesados e encarcerados por artigos publicados nas súas páxinas e en marzo de 1931 fíxose cargo da dirección Roberto Blanco Torres. Os seus colaboradores estaban vinculados ao republicanismo de centro e de esquerda, ao socialismo e ao maxisterio laicista; entre eles destacan Álvaro de las Casas, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste . Cesou a súa publicación o 22 de xuño de 1931.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.