Kunashir
Kunashir | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Rusia (Reclamada por Xapón) |
Óblast | Óblast de Sakhalin |
Arquipélago | Illas Kuriles |
Mar | Mar de Okhotsk |
Coordenadas | 44°07′N 145°51′L / 44.117, -145.850Coordenadas: 44°07′N 145°51′L / 44.117, -145.850 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 1.489´27 km² |
Longura máxima | 123 km. |
Largura máxima | 4 - 30 km. |
Punto máis alto | 1.819 m. Tiatia |
Demografía | |
Capital | Juschno-Kurilsk |
Poboación | 7.800 hab. (2002) |
Illa Kunashir (ruso: Кунаши́р; xaponés: 国後島, Kunashiri-tō; ainu: クナシㇼ ou クナシㇽ, Kunasir), posiblemente significando a "illa negra" ou a "illa herbosa" en Ainu é a illa máis meridional das illas de Kuriles, un arquipélago actualmente baixo control de Rusia, entre as cales catro (entre elas a illa Kunashiri) son reclamados polo Xapón (ver disputa das Illas Kuriles).
Atópase entre o estreito da Illa Kunashir, Catherine, Izmena, e Kuril Sur. A illa de Kunashir é visible desde a próxima illa xaponesa de Hokkaido, da cal está separada polo estreito de Nemuro.
- Superficie: 1.490 km²
- Lonxitude: 123 km
- Largo: 4–30 km
A illa Kunashir está formada por catro volcáns que eran illas separadas pero que se uniron desde entón por áreas baixas con lagos e augas termales. Todos estes volcáns seguen activos: Tyatya (1.819 m), Smirnov, Mendeleev (Rausu-yama), e Golovnin (Tomari-yama).[1]
A illa está formada por rochas volcánicas e cristalinas. O clima é continental húmido con precipitacións moi fortes especialmente no outono e un forte atraso estacional con temperaturas máximas en agosto e setembro. A vexetación componse principalmente de abetos, piñeiros, abies, e bosques mixtos Caducifolios con lianas e arbustos de bambú. As montañas están cubertas de bidueiros e piñeiros anano de Siberia, flores herbáceas ou rochas espidas.
En xullo de 2001 atopáronse carballos centenarios (Quercus crispula) na illa de Kunashiri.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
En 1789 a illa Kunashir foi un dos escenarios da batalla de Menashi-Kunashiri na cal o pobo Ainu se rebelou contra os comerciantes e colonos xaponeses.
O navegante ruso Vasily Golovnin intentou cartografar e explorar a illa en 1811, pero foi detido polas autoridades xaponesas e pasou dous anos en prisión.
O 1 de setembro de 1945, ou un día antes de que os documentos de rendición da segunda guerra mundial fosen asinados o 2 de setembro de 1945, de acordo coas decisións tomadas na Conferencia de Yalta, a Unión Soviética adquiriu as Illas Kuriles. O goberno xaponés afirma que os Territorios do Norte non eran parte das Illas Kuriles, debido a razóns históricas. Isto ocorreu despois de que a Unión Soviética renunciara ao Pacto de Neutralidade Soviético-Xaponés en abril de 1945 e declarara a guerra ao Xapón o 9 de agosto de 1945 (oficialmente, o pacto mantívose en vigor ata o 13 de abril de 1946).
Asentamentos[editar | editar a fonte]
O establecemento máis grande na illa de Kunashir é Yuzhno-Kurilsk (Centro administrativo do ditrito Yuzhno-Kurilsky).
Economía[editar | editar a fonte]
A principal actividade económica é a industria pesqueira. A illa ten un porto á beira de Yuzhno-Kurilsk.
Transporte[editar | editar a fonte]
A illa é atendida polo aeroporto de Yuzhno-Kurilsk Mendeleyevo.
Poboación[editar | editar a fonte]
Despois do terremoto de 1994 nas Illas Kuriles, aproximadamente un terzo da poboación da illa de Kunashir foise e non regresou. En 2002, a poboación da illa era de aproximadamente 7.800 habitantes. A poboación total das disputadas illas Kuriles nese momento era de aproximadamente 17.000 habitantes.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Volcanoes
- ↑ Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology
- ↑ Yuzhno-Kurilsk Journal; Between Russia and Japan, a Pacific Tug of War — The New York Times, 2002
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kunashir |