José Vales Mahía
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Manduas, España |
Morte | 1976 (79/80 anos) Avellaneda, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
José Vales Mahía, nado en Manduas (Silleda) en 1896 e finado en Avellaneda (Buenos Aires) en 1976, foi un tenor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou a Arxentina como emigrante sendo mozo. Estudou en Milán, onde foi discípulo de Pisapia. Formou parte de varias compañías, interpretando como tenor papeis por todo o mundo. Debutou en España en 1927 no Teatro Real de Madrid, coa ópera Lohengrin de Wagner. Dirixiu o coro da Casa de Galicia en Buenos Aires.
Homenaxe[editar | editar a fonte]
Dende o ano 2009, a praza situada diante do Auditorio Manuel Dopazo da vila da Bandeira leva o seu nome: Praza Tenor Vales Mahía[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6 en Faro de Vigo (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016).