José Niebla García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Morte | 11 de abril de 1937 monte da Guía, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Ángela Iglesias Rebollar |
José Niebla García, nado en Ferrol cara a 1902 e finado en Vigo o 11 de abril de 1937, foi un fogueiro asasinado durante a Guerra Civil Española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fogueiro, traballaba nunha draga no porto de Vigo. Veciño de Toural-Teis. Casado con Ángela Iglesias Rebollar, con quen tiña dous fillos, José e Eliseo. Evanxélicos e acusados de dar refuxio aos fuxidos do réxime, o 11 de abril de 1937 asaltaron e saquearon a súa casa do Toural, Teis, queimando os seus bens e incautando unha máquina de coser. Os fillos foron separados do matrimonio, que foi paseado ata o cumio do monte da Guía, onde os executaron a tiros.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Niebla García na páxina web Nomes e Voces.