José Luis Bouzas Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Allariz, España |
Morte | 1 de setembro de 1936 (29/30 anos) Pentes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
José Luis Bouzas Fernández, nado en Allariz cara a 1906 e finado en Pentes (A Gudiña) o 1 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi alumno de Vicente Risco na Escola Normal de Ourense. Foi animador de actividades culturais e deportivas en Allariz. Colaborou en Heraldo de Galicia. Mestre na escola de Flariz, estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e era secretario do Partido Galeguista de Monterrei. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, paseado e queimado vivo en Poula de Martiño (Pentes, A Gudiña) o 1 de setembro de 1936.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cid Fernández, Xosé Manuel (2017). "A represión franquista en Ourense. Novos argumentos contra a desmemoria da persecución sufrida polo maxisterio". Sarmiento (21): 73–99.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Luis Bouzas Fernández na páxina web Nomes e Voces.