José Louzán Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Oleiros, España |
Morte | 20 de novembro de 1952 Iñás, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José María Louzán Martínez, nado en Oleiros e finado en Iñás o 20 de novembro de 1952,[1] foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante de Izquierda Republicana e presidente da agrupación local do partido do Burgo. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Culleredo o 21 de marzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión, sendo sobresida a súa causa. Exiliouse na Arxentina. Finou en Iñás con 74 anos.
Predecesor: Electo Carballo Matos |
Alcalde de Culleredo 1936 |
Sucesor: José Bermúdez de Castro Pico |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Serafina Pardo Fernández.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-11-1952, p. 4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Louzán Martínez na páxina web Nomes e Voces.