José Antonio Reyes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Reyes

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1983 Editar o valor em Wikidata
Utrera, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xuño de 2019 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Alcalá de Guadaíra, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso75 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata - 2019 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPremier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1999-2001 Sevilla Atlético 32(1)
2000-2004 Sevilla Fútbol Club 86(21)
2004-2006 Arsenal F.C. 69(16)
2006-2007cesión Real Madrid Club de Fútbol 30(6)
2007, 2009-2008, 2012 Atlético de Madrid 103(8)
2008-2009cesión Sport Lisboa e Benfica 26(4)
2012-2016 Sevilla Fútbol Club 109(9)
2016-2017 RCD Espanyol 21(3)
2018-2018 Córdoba Club de Fútbol 17(1)
2018-2018 Xinjiang Tianshan Leopard Football Club (pt) Traducir 14(4)
2019-2019 Extremadura Unión Deportiva 9(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1999-2000   Selección de fútbol sub-16 de España 7(5)
2001-2002   Selección de fútbol sub-19 de España 7(3)
2002-2003   Selección de fútbol sub-21 de España 7(3)
2003-2006   España 21(4)
2013-2013   Selección de fútbol de Andalucía 1(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 197690 UEFA: 52988 Editar o valor em Wikidata

José Antonio Reyes Calderón, nado en Utrera (Sevilla) o 1 de setembro de 1983 e finado en Alcalá de Guadaíra o 1 de xuño de 2019, foi un futbolista español de orixe xitana, internacional en 21 ocasións coa selección española de fútbol. Faleceu nun accidente de tráfico preto da súa localidade natal aos 35 anos de idade.

Foi o xogador máis novo en debutar en Primeira División co Sevilla FC cando tiña dezaseis anos. No mercado de inverno da tempada 2003-04 foi traspasado ao Arsenal FC por aproximadamente trinta millóns. Alí conseguiu unha Premier League (sendo o primeiro español en conseguila), unha Community Shield en 2004 e unha FA Cup en 2005.

A partir de entón, os seus problemas de adaptación fixeron que o seu rendemento futbolístico baixase e estivo cedido unha tempada no Real Madrid, conseguindo a liga en 2007, e ese mesmo ano foi traspasado ao Atlético de Madrid. Alí foi cedido de novo ao Benfica portugués. Despois volveu ao Atlético e xogou tamén no Sevilla (2012-2016), o Espanyol (2016-2017), o Córdoba (2018), o Xinjiang Tianshan Leopard Football Club chinés (2018-2019) e, finalmente, en xaneiro de 2019 incorporouse ao Extremadura UD. Foi o xogador que máis campionatos de UEFA Europa League gañou, un total de cinco, dous co Atlético de Madrid e tres co Sevilla.

Falecemento[editar | editar a fonte]

José Antonio Reyes faleceu o 1 de xuño de 2019 aos 35 anos de idade, nun accidente de tráfico na estrada que une Sevilla con Utrera, á altura do quilómetro 18, no termo municipal de Alcalá de Guadaíra. Preto das 11:30 da mañá na autovía A-376, o seu vehículo, no que viaxaban tres persoas, saíuse da calzada circulando a 237 km/h segundo o atestado da Garda Civil.[1][2][3] Isto provocou a morte no acto do futbolista así como do seu curmán acompañante, e o incendio posterior do vehículo no que viaxaban. Un terceiro ocupante terminou gravemente ferido.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Segunda División Sevilla FC España España 2001
Premier League Arsenal FC Inglaterra Inglaterra 2004
Community Shield Arsenal FC Inglaterra Inglaterra 2004
FA Cup Arsenal FC Inglaterra Inglaterra 2005
Liga de España Real Madrid España España 2007
Copa da Liga Benfica Portugal Portugal 2009

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo Sede Ano
Europeo Sub-19 Selección de España Noruega Noruega 2002
Copa Intertoto Atlético de Madrid España España 2007
UEFA Europa League Atlético de Madrid Alemaña Hamburgo 2010
Supercopa de Europa Atlético de Madrid Mónaco 2010
UEFA Europa League Atlético de Madrid Romanía Bucarest 2012
UEFA Europa League Sevilla FC Italia Turín 2014
UEFA Europa League Sevilla FC Polonia Varsovia 2015
UEFA Europa League Sevilla FC Suíza Basilea 2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El coche de Reyes iba a 237 kms/hora". Mundo Deportivo. 2 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019. 
  2. "El coche de Reyes sufrió un reventón cuando circulaba a 237 kms/hora". 20 minutos. 3 de xuño de 2019. 
  3. "Cañizares: “Reyes no merece un homenaje como si fuera un héroe”". La Vanguardia. 2 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019. 
  4. "Muere el futbolista José Antonio Reyes a los 35 años en un accidente de tráfico". El Mundo. 2 de xuño de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]