José Antonio Franco Basanta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1920 (103 anos) Covas, España |
Morte | Lons-le-Saunier, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
José Antonio Franco Basanta, coñecido como Caudillo ou Manchego, nado en Celeiro (Viveiro) o 22 de novembro de 1920 e finado en Lons-Le-Saunier (Departamento de Jura), foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na II República pertenceu ao sindicato de oficios varios da CNT de Covas. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo tres meses encarcerado. Ao saír en liberdade incorporouse ao Grupo Neira. En maio do 1941 ingresou no PCE. A finais de 1944 foi designado secretario de organización e finanzas no Comité Comarcal de Viveiro, e enlace deste co provincial de Lugo. En marzo de 1946 ingresou na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Finou no hospital de Lons-Le-Saunier por unha tuberculose produto dos seus doce anos no monte.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Genoveva Soto, coa que tivo tres fillos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 172. ISBN 84-7507-320-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en los de la sierra Arquivado 22 de marzo de 2017 en Wayback Machine.