Javier Costas Comesaña
Biografía | |
---|---|
Javier Costas Comesaña, coñecido como Ligero, nado en Coruxo (Vigo) o 3 de decembro de 1909 e finado en Vigo en decembro de 1986,[1] foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carpinteiro veciño de Oia. Na Segunda República foi secretario do Sindicato Agrícola de San Miguel de Oia e secretario do Partido Comunista de Canido. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Procesado nas causas 805/36 e 52/37. O seu irmán Manuel Costas Comesaña foi paseado en Mos o 22 de setembro de 1936. A Xunta Provincial de Incautación de Bens determinou a apertura de expediente de responsabilidades política.[2] En 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades políticas a 500 pesetas de multa, 15 anos de inhabilitación e 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Vigo.[3] Permaneceu entobado ata o 18 de xullo de 1948, cando se entregou ás autoridades franquistas. Procesado na causa 52/37, foi acusado de rebelión, e o fiscal solicitou vinte anos de reclusión, conmutábel pola de tres anos de prisión.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Méixome, Carlos (2021). Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 170–173. ISBN 978-84-8487-506-2.
- Vázquez Acuña, Bernardo (2015). Memoria dunha parroquia republicana. Vigo: Instituto de Estudos Vigueses. ISBN 978-84-89599-59-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Javier Costas Comesaña na páxina web Nomes e Voces.