James Mellart
Nome orixinal | (en) James Mellaart |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de novembro de 1925 Londres, Reino Unido |
Morte | 29 de xullo de 2012 (86 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía |
Ocupación | antropólogo , prehistoriador , arqueólogo , profesor universitario |
Período de actividade | 1951 - |
Empregador | Universidade de Londres |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios |
James Mellaart, nado en Londres o 14 de novembro de 1925 e finado o 29 de xullo de 2012, foi un arqueólogo británico e descubridor do xacemento neolítico de Çatalhöyük en Turquía. Foi expulsado de Turquía por ser sospeitoso de vender antigüidades no mercado negro. Tamén se viu involucrado en controversias puramente arqueolóxicas sobre a chamada Deusa-Nai de Anatolia que exhumou nas súas escavacións en Anatolia na década dos 60.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi profesor na Universidade de Istambul e director asistente do Instituto Británico de Arqueoloxía de Ancara. En 1951, Mellaart empezou a dirixir escavacións de xacementos turcos, con axuda da súa muller, Arlette, turca de nacemento. Axudou a identificar a olaría “copa de champagne” da Idade do Bronce tardía, en Anatolia occidental, que levou a descubrir Beycesultan en 1954. Logo de rematar este traballo, dirixido entón por Seton Lloyd, axudou a publicar os resultados. En 1959 comezou a ensinar arqueoloxía de Anatolia en Ancara.
Obras[editar | editar a fonte]
- "Anatolian Chronology in the Early and Middle Bronze Age"; Anatolian Studies VII, 1957
- "Early Cultures of the South Anatolian Plateau. The Late Chalcolithic and Early Bronze Ages in the Konya Plain"; Anatolian Studies XIII, 1963
- Çatalhöyük, A Neolithic Town in Anatolia, Londres, 1967
- Excavatians at Hacilar, vol. I-II
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Goddess from Anatolia". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016.