Guanyem Badalona en Comú
Guanyem Badalona en Comú | |
---|---|
Partido político de Badalona | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Dolors Sabater |
Historia | |
Fundación | 28 de febreiro de 2015 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia participativa Esquerda |
Representación | |
Concelleiros en Badalona | 4 / 27 |
Outros datos | |
Na rede | |
guanyembadalona.org | |
Guanyem Badalona en Comú (Gañemos Badalona en Común literalmente en catalán), inicialmente denominada Guanyem Badalona, é unha plataforma cidadá, constituída en partido político[1] como confluencia de diferentes forzas políticas e sociais[2], co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015 na cidade de Badalona, na provincia de Barcelona. A súa candidata á alcaldía e unha dos seus principais impulsores é a profesora e activista Dolors Sabater.
A formación foi a segunda lista máis votada nas eleccións de 2015 en Badalona con 5 concelleiros, por detrás do Partit Popular, que obtivo 10. Non obstante, Dolors Sabater foi investida alcaldesa grazas a un pacto de esquerdas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Rexistro de partidos políticos". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 01 de xullo de 2016.
- ↑ Guanyem Badalona en comú, a confluencia nada das loitas sociais e da oposición a Albiol
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guanyem Badalona en Comú |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial (en catalán)