Saltar ao contido

Grille, Antes, Mazaricos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grille
ParroquiaAntes
ConcelloMazaricos
Coordenadas42°59′34″N 8°54′05″O / 42.992697083992, -8.9013845385894Coordenadas: 42°59′34″N 8°54′05″O / 42.992697083992, -8.9013845385894
Poboación71 hab. (2023)
editar datos en Wikidata ]

Grille é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 71 habitantes (31 homes e 40 mulleres).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Da Idade Media hai testemuños de cinco variantes: Girrili (1252), (Thome de) Girrilo (1252), Girrilli (1252), (Tome de) Guirille (1252) e Guirrille (1289). Paulo Martínez Lema, propuxo como posíbel base etimolóxica o antropónimo xermánico Berildĭ (tema *ber, relacionábel con *bera(n) 'oso', *baira 'xabarín' ou ben con *beran 'levar, traer') / Uerildĭ (-ildi < hildi 'loita, combate'), documentado en Celanova baixo a forma Berildi (871, 926), no Tombo de Sobrado como Berilli (955) e Berili (964) como nome de muller. A súa evolución sería Uerildĭ > *Güirille > *Guirille > Grille (síncope da vogal pretónica [i]).[3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Antes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Antes no concello de Mazaricos (A Coruña)

Cumbráns | Grille | Pazos | A Xunqueira

Parroquias de Mazaricos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Antes, Mazaricos". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. "Aproximación lingüístico-etimolóxica á toponimia das comarcas de Xallas, Fisterra e Soneira". Revistas UCM. Consultado o 17 de xuño do 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]