Gloria Begué
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1931 La Bañeza, España |
Morte | 27 de decembro de 2016 (85 anos) Madrid, España |
Magistrate of the Constitutional Court of Spain (en) | |
14 de febreiro de 1980 – 21 de febreiro de 1989 | |
Senadora de España | |
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 | |
Catedrático de universidade | |
1965 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política , xurista , xuíza |
Empregador | Universidade de Salamanca |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Gloria Begué Cantón, nada en La Bañeza o 23 de xaneiro de 1931, é unha xurista española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Dereito e en Economía na Universidade Complutense de Madrid, onde tamén se doutorou en Dereito. Realizou ademais estudos de posgrao en Economía na Universidade de Chicago entre 1958 e 1961, ano en que regresou a España para dar clase na Universidade Complutense. En 1964 saca por oposición a cátedra de Economía Política e Facenda Pública a facultade de Dereito da Universidade de Salamanca, converténdose na primeira muller en España catedrática de Dereito. Cinco anos máis tarde accede ao decanato da súa facultade, cargo no que volve ser a primeira muller española. Reelixida en 1971 presenta a súa dimisión en 1972.
En 1977 é designada senadora polo rei Xoán Carlos I. En 1979 non se presentou ás eleccións e abandonou o Senado. Ao ano seguinte, 1980, a proposta da UCD e co apoio do PSOE resulta escollida maxistrada do Tribunal Constitucional. Considerada un dos membros máis conservadores[1] do Tribunal, en marzo de 1986 foi elixida a súa vicepresidenta, co que pasou a presidir a súa sala segunda. En febreiro de 1989, ao rematar o seu período máximo de nove anos, cesou no seu cargo de maxistrada e reincorporouse á súa en Salamanca ata a súa xubilación en 2001.
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
- Orde do Mérito Constitucional