Frecha (tipografía)
→ |
---|
Frecha |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
A frecha[1] é un signo auxiliar da escrita que reproduce esquematicamente a arma do mesmo nome (→).
Usos[editar | editar a fonte]
- Na marxe dun texto, para atraer a atención do lector sobre un elemento considerado interesante. Con esta mesma función usábase tamén no pasado o signo da man.
- Dentro das obras gramaticais, enciclopédicas e lexicográficas, para remitir a outro capítulo, lema ou epígrafe, en substitución de véxase.
- En diagramas, mapas conceptuais ou textos similares, para indicar unha secuencia lóxica ou cronolóxica, unha relación de causa-efecto, implicación, derivación etc.
Usos en Matemáticas[editar | editar a fonte]
O símbolo frecha emprégase en Matemáticas en diferentes situacións.
- Pode indicar unha aplicación ou unha función ().
- Nos límites indica a que valor tende a variable ().
- Situado sobre unha ou dúas letras indica un vector ().
- Indica unha implicación lóxica ().
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Galinova Editorial, ed. Ortografía da lingua galega. A Coruña. ISBN 84-9737-041-4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.