Forsyth Barr Stadium
Aparencia
Coordenadas: 45°52′09″S 170°31′28″L / -45.869167, 170.524444
Forsyth Barr Stadium | |
---|---|
Datos | |
Localización | Dunedin, Nova Zelandia |
Construción | |
Inauguración | 2008 |
Arquitecto | Jasmax e Populous |
Custo | 198 millóns de dólares |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 30.700 |
Propietario | Dunedin City Council |
Localía | Otago RFU (ITM Cup) Highlanders (Super Rugby) Otago United (ASB Premiership) |
Eventos | |
O Forsyth Barr Stadium é un estadio da cidade de Dunedin (Nova Zelandia), inaugurado en 2009 e que ten unha capacidade para acoller uns 30.700 seareiros.
O recinto está destinado principalmente á práctica do rugby da man do Otago RFU, equipo que compite na ITM Cup, e dos Highlanders do torneo Super Rugby. O Otago United da liga de fútbol tamén xoga como local neste estadio.
Copa do Mundo de Rugby 2011[editar | editar a fonte]
Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputaran nel 4 dos encontros da primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011. Durante o transcurso do mundial, o nome do estadio foi Otago Stadium.
10 de setembro de 2011 20:30 | |||
Arxentina | 9-13 | Inglaterra | Forsyth Barr Stadium, Dunedin Árbitro: Bryce Lawrence (NZL) |
18 de setembro de 2011 18:00 | |||
Inglaterra | 41-10 | Xeorxia | Forsyth Barr Stadium, Dunedin Árbitro: Jonathan Kaplan (RSA) |
24 de setembro de 2011 20:30 | |||
Inglaterra | 67-3 | Romanía | Forsyth Barr Stadium, Dunedin Árbitro: Romain Poite (FRA) |
2 de outubro de 2011 20:30 | |||
Irlanda | 36-6 | Italia | Forsyth Barr Stadium, Dunedin Árbitro: Jonathan Kaplan (RSA) |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |