Flow do Toxo
Flow do Toxo | |
---|---|
Orixe | Comarca do Condado, |
Período | 2018 - actualidade |
Xénero(s) | Rap |
Membros | Laura ST Temible Olivina Xia Nonneva |
Na rede | |
Flow do Toxo é un grupo de rap galego da comarca do Condado. Na súa música tratan temas como a defensa do rural, o feminismo ou a loita contra o patriarcado[1][2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A banda formouse no Condado a comezos do ano 2018, co lanzamento do seu primeiro tema, Aquí están as que ghritan. Esta primeira canción foi totalmente autoproducida pola banda[1][3].
Dúas das integrantes de Flow do Toxo, Laura e Xía, forman parte tamén do grupo de cantareiras ponteareán As Punkiereteiras[1]. Flow do Toxo colabora con elas no seu segundo tema, Concha de Luneda; canción na que fan unha homenaxe á devandita muller, conservadora da tradición oral e musical do Condado[4] e á que consideran unha referente[5]. Ese mesmo ano, publican outros dous singles: Para rapás e Xustiza pola man. Este último é unha adaptación do poema homónimo de Rosalía de Castro.
No ano 2019, gañaron o Premio do Público da iniciativa Youtubeiras polo videoclip do seu single Flow do Toxo[6]. Publicado en xullo dese mesmo ano, o tema estivo producido por Jimbo Páez (Corazón Molotov), baixista e vocalista da banda madrileña Tremenda Jauría.
A mediados do 2020, a banda lanza Aquí están as que ghritan, unha versión actualizada do seu primeiro single, regravada por Cristina Morquillas nos Estudios Broño de Negreira[7]. En xuño dese ano, publican Manolo Pirolo, canción producida por Petrowski, rapeiro e beatmaker da banda de hip hop galega Ezetaerre.
Entre 2020 e 2021, lanzaron varios singles en colaboración con outras artistas mulleres: a rapeira vasca La Basu, a brass band galega Brassica Rapa e a cantante de rap valenciana Tesa[8].
Integrantes[editar | editar a fonte]
- Laura Prado: voz e pandeireta
- Rosi Mella (Temible Olivina): voz e DJ
- Silvia Mella (ST): voz e pandeireta
- Silvia Rodríguez (Xía Nonneva): voz e pandeireta
Discografía[editar | editar a fonte]
Sinxelos[editar | editar a fonte]
- Aquí están as que ghritan (2018)
- Concha de Luneda con As Punkiereteiras (2018)
- Para rapás (2018)
- Xustiza pola man (2018)
- Flow do Toxo (2019)
- Aquí están as que ghritan (2020)
- Manolo Pirolo (2020)
- Jo ta ke irabazi arte con La Basu (2020)
- Libres e bestas con Brassica Rapa (2020)
- Cos pés na terra con Tesa (2021)
Colaboracións[editar | editar a fonte]
- A miña llengua politak (Tesa, Rap d'arrel, 2022)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Leyenda, Alberto. "Flow do Toxo: "Non estamos educadas para subir a un escenario e poder berrar"". Faro de Vigo. Consultado o 19 de maio de 2022.
- ↑ CRTVG (10 de decembro de 2019). Flow do Toxo, rap feminista.
- ↑ Vinte (23 de xaneiro de 2019). Flow do Toxo.
- ↑ Alalá (23 de maio de 2006). Concha de Luneda.
- ↑ Seixo, Daniel. "Entrevistamos a Flow do Toxo: «Se non é revolucionario, non é feminismo»". Nueva Revolución. Consultado o 19 de maio de 2022.
- ↑ "Edición 2019". Youtubeiras. Consultado o 19 de maio de 2022.
- ↑ Nós Televisión (01 de novembro de 2020). GZmúsica 7.
- ↑ Moledo, Alba. "Flow do Toxo: “O machismo continua a estar aí apesar do postureo”". Novas da Galiza. Consultado o 19 de maio de 2022.