Fernando Elboj Broto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Elboj Broto
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata
Huesca, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Huesca, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Huesca
2007 – 2010
Alcalde de Huesca
2003 – 2007
Alcalde de Huesca
1999 – 2003
Senador de España
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fernando Elboj Broto, nado en Huesca o 14 de xullo de 1946 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 2023,[1] foi un político español, membro do Partido Socialista Obrero Español. Foi alcalde de Huesca entre 1999 e 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Huesca en 1946, foi catedrático de Xeografía e Historia. Membro do PSOE, foi senador pola súa provincia natal entre 1982 e 1989. En 1990 foi nomeado director provincial de educación en Huesca, cargo que desempeñou ata 1994. En 1999 encabezou a lista do seu partido á alcaldía de Huesca, sendo investido alcalde gobernando en coalición con IU e PAR. En 2003 conseguiu a maioría absoluta e gobernou en solitario. En maio de 2007 gañou de novo as eleccións con maioría relativa, gobernando en coalición co PAR.

Tras tres lexislaturas consecutivas como alcalde foi elixido, en 2008, senador. En maio de 2009, remodelou as competencias municipais e, ademais de Senador, Alcalde e concelleiro de Urbanismo, asumiu a concellaría de Medio.

O 3 de xullo de 2010, dimitiu como alcalde de Huesca para concentrarse no seu escano do Senado.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (2023-01-30). "Fallece Fernando Elboj, exalcalde de Huesca durante once años". El Periódico de Aragón (Zaragoza). Consultado o 2023-01-30. 
  2. "http://www.diariodelaltoaragon.es/NoticiasDetalle.aspx?Id=569354". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015.  Ligazón externa en |title= (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]