Fermín Zelada Jurado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1940 Lisboa, Portugal |
Morte | 7 de maio de 2005 (64 anos) A Habana, Cuba |
Ambassador of Spain to Israel (en) | |
1997 – 2001 | |
Ambassador of Spain to Ireland (en) | |
1991 – 1997 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | diplomático |
Familia | |
Pai | Fermín Zelada de Andrés |
Irmáns | Miguel Zelada |
Premios |
Fermín Zelada Jurado, nado o 2 de xuño de 1940 en Lisboa e finado o 7 de maio de 2005 na Habana, foi un diplomático galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Neto do alcalde de Ferrol Fermín Zelada Varela e fillo do presidente do Banco Exterior de España Fermín Zelada de Andrés Moreno, Fermín Zelada Jurado licenciouse en dereito e ingresou na carreira diplomática en 1965. Despois de percorrer diversas embaixadas e postos na administración española, en 1987 é designado polo Ministro de Asuntos Exteriores, Francisco Fernández Ordóñez, director xeral de Política Exterior para Europa, cargo no que permanece ata que en 1991 accede á embaixada de España en Irlanda. En 1997 cesa no seu posto en Dublín ao ser destinado como embaixador de España en Israel, posto no que permanece ata 2001. Nese ano, é designado molo ministro de Asuntos Exteriores, Josep Piqué como embaixador en misión especial para a Coordinación das Relacións cos países do Cáucaso e Asia Central.
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Gran Cruz da Orde ao Mérito Civil.