Eusebio Zuloaga de la Prida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 Madrid, España |
Morte | 5 de febreiro de 1954 (73/74 anos) Bilbao, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Eusebio Zuloaga de la Prida, nado en Madrid en 1880 e finado en Bilbao o 5 de febreiro de 1954,[1] foi un enxeñeiro e xornalista español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Eusebio Zuloaga González e da súa terceira muller Dolores de la Prida Coya. Estudou Enxeñeiría Industral, pero dende moi novo dedicouse ao xornalismo. Foi director de El Castellano de Burgos e doutros periódicos de Santander e Valladolid. En 1911 trasladouse a Vigo para ser redactor xefe de Noticiero de Vigo[2] e despois dirixiu o xornal Vigo. Foi redactor de El Siglo Futuro e La Prensa de Buenos Aires. Fundou en 1934 El Diario Vasco de Donosti. Despois da guerra civil foi agregado de prensa en París e correspondente de ABC en Berlín e Roma. Nos últimos anos de vida pertenceu á redacción de La Gaceta del Norte de Bilbao.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1904 coa súa sobriña Dolores Magdalena Marcela Zuloaga Zabaleta e foi pai de Jesús María Zuloaga Zuloaga[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ABC, 6-2-1954, p. 31.
- ↑ Noticiero de Vigo, 2-9-1911, p. 3.
- ↑ "Zuloaga o Zulaga". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2017. Consultado o 19 de marzo de 2017.