Ernesto Martínez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErnesto Martínez Fernández
Biografía
Morte2006 Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ernesto Martínez Fernández, finado en 2006, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Industrial. No franquismo foi nomeado alcalde de Carballeda de Avia en 1956, tomando posesión o 14 de xuño.[1] Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde como cabeza da lista de Coalición Democrática con maioría simple. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e volveu impoñerse con maioría simple, porén perdeu a alcaldía tras apoiar os concelleiros de Coalición Galega ó único concelleiro do PSdeG. Nas municipais de 1987 encabezou novamente a candidatura de Alianza Popular e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Repetiu como alcalde logo das municipais de 1991, nesta ocasión con maioría simple, e gobernou en minoría ata que en setembro de 1992 incorporou ó goberno a 2 concelleiros electos na candidatura de Converxencia Centrista. Nas municipais de 1995 e municipais de 1999 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. A marcha de 2 edís do seu grupo ó grupo mixto a finais de 2000 desembocou, en marzo de 2001, nunha moción de censura do PSdeG-PSOE apoiada por unha das edís que abandonara o PPdeG e que fixo alcalde ó candidato socialista Luis Milia Méndez.[2] En febreiro de 2003 abandonou a política activa.[3].


Predecesor:
-
 
Alcalde de Carballeda de Avia
 
1956 - 1961
Sucesor:
Julio Fernández Álvarez


Predecesor:
-
 
Alcalde de Carballeda de Avia
 
1979 - 1983
Sucesor:
Hipólito López Álvarez


Predecesor:
Hipólito López Álvarez
 
Alcalde de Carballeda de Avia
 
1987 - 2001
Sucesor:
Luis Milia Méndez


Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 21-6-1956, p. 4.
  2. "La moción de censura de Carballeda busca acabar con veinte años de gobierno del PP". Arquivado dende o orixinal o 29/12/2014. Consultado o 28/12/2014. 
  3. "La dimisión de Ernesto Martínez sorprende a los alcaldes de O Ribeiro". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2014. Consultado o 28 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]