Ermida de Santa Trega da Guarda
Ermida de Santa Trega da Guarda | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Ermida |
Advocación | Trega de Iconio |
Localización | A Guarda |
Coordenadas | 41°53′20″N 8°52′16″O / 41.888888888889, -8.8711388888889Coordenadas: 41°53′20″N 8°52′16″O / 41.888888888889, -8.8711388888889 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Tui-Vigo |
Arquitectura | |
Construción | século XII |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ermida de Santa Trega[1] é un templo medieval do século XII situado no monte de Santa Trega, no concello pontevedrés da Guarda.
A ermida atópase dentro dun recinto amurallado, no que tamén se atopan varias vivendas e unha lápida con inscricións de cantaría na honra dos poboadores ou povoeiros de Póvoa de Varzim. Tamén existe un cruceiro fronte á fachada da igrexa coa figura de San Francisco.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
Malia a estar datada sobre o século XII, a ermida de Santa Trega sufriu reformas posteriores nos séculos XVI, XVII e XX. Crese que probablemente a escritora, monxa e predicadora Exeria induciu o culto á santa após das súas viaxes a Oriente Medio, considerado daquela Terra Santa.
Cada 23 de setembro, día de Santa Trega na onomástica cristiá, celébrase unha procesión no templo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ermida de Santa Trega na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Turismo da Guarda" (PDF). turismoaguarda.es. Consultado o 28 de xullo de 2022.