Enrique Álvarez Sanjuán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Álvarez Sanjuán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,8 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1993-1994 Futbol Club Barcelona 22(0)
1993-1997 FC Barcelona B 78(0)
1995-1998 Futbol Club Barcelona 1(0)
1997-1998cesión Club Deportivo Logroñés 16(0)
1998-2000 Unió Esportiva Lleida 75(3)
2000-2007 Villarreal Club de Fútbol 188(5)
2007-2009 Recreativo de Huelva 12(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
-   Selección de fútbol de Cataluña
1995-1995   Selección de fútbol sub-21 de España 1(0)
1997-1997   Selección de fútbol sub-23 de España 2(0) Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiQuique Costas Editar o valor em Wikidata
IrmánsÓscar Álvarez Sanjuán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

UEFA: 27321 Editar o valor em Wikidata

Enrique Álvarez Sanjuan, máis coñecido como Quique Álvarez, nado en Vigo o 20 de xullo de 1975, é un futbolista galego. Xoga de defensa e actualmente atópase sen equipo. É fillo do tamén futbolista Quique Costas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que que naceu en Galicia, pasou a súa infancia en Barcelona debido a que seu pai foi contratado polo FC Barcelona. Formouse coma futbolista nas categorías inferiores do FC Barcelona, equipo co que chegou a disputar un encontro na primeira división na tempada 1995-96. Na súa etapa coma xogador no Barcelona B chegou a coincidir con seu pai coma adestrador do segundo equipo do FC Barcelona. Tras xogar varios anos no filial barcelonista xogou a tempada 1997-98 no CD Logroñés, tamén da segunda división. Ao ano seguinte foi contratado pola UE Lleida equipo da mesma categoría no que xogou dúas tempadas. No equipo da Terra Ferma tivo coma adestrador a Víctor Muñoz, quen ao ser contratado polo Villarreal CF tralo seu ascenso a primeira, conseguiu que Quique fose contratado polo equipo da Plana Baixa.

No Villarreal CF estivo un total de sete tempadas na primeira división, disputando un total de 187 partidos, sendo o segundo xogador que máis partidos disputou coa camisola amarela en primeira división, e só superado por Rodolfo Arruabarrena. No Villarreal CF chegou a ser un dos capitáns do equipo e no partido da 37ª xornada da tempada 2006-07, recibiu a insignia do club pola súa traxectoria. O seu contrato co Villarreal CF rematou o 30 de xuño de 2007 e non foi renovado. Tras ficar ceibe, foi contratado polo Recreativo de Huelva a petición do técnico do equipo andaluz Víctor Muñoz, quen xa dirixiu a Quique Álvarez no Logroñés, Lleida e Villarreal CF.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
FC Barcelona B España 19931995
FC Barcelona España 19951997
CD Logroñés España 19971998
UE Lleida España 19982000
Villarreal CF España 20002007
Recreativo de Huelva España 20072009

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]