Saltar ao contido

Elías López Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElías López Delgado
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
Córgomo, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata


Elías López Delgado, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) cara 1894 e finado en Ourense 7 de novembro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante e viticultor do Córgomo. Tesoureiro do Partido Galeguista de Vilamartín de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. Combateu no Batallón Galicia do Exército do Norte. Coa caída de Asturias retornou a Valdeorras e integrouse na guerrilla no grupo do Corgomo liderado por Antonio Arias Prada, que operou nas Terras de Valdeorras de finais de 1937 até finais de 1939. Detido, foi xulgado en Ourense o 30 de agosto de 1940 por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado en Ourense o 7 de novembro de 1940 con Antonio Arias Prada.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 8-11-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]