Saltar ao contido

Dismal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dismal
Jose Barros no Festival Cultura Quente 2007 de Caldas de Reis (Pontevedra)
OrixePontevedra, Galicia Galicia
Período1992 - 2007
2022 - presente
Xénero(s)rock, electrónica, metal
Selo(s) discográfico(s)La Fábrica de Chocolate
MembrosJose Barros (voz)
Javi García (guitarra)
Ivan Lorenzo (guitarra)
Ghon Sanchez (batería)
Ralph Lopez (baixo)
Tino Álvarez (sintetizadores e sámpler).
Antigos membrosJavi Barros
Diego Pena
Isaac Cordal
Gonso Pedrido
Manuel Nouche
Óscar Sayáns
Carlos Fuentes
Lino Fernández
Na rede
http://www.dismal.es
Facebook: dismalterrors MySpace: dismalneptuno Last fm: Dismal Musicbrainz: b4bc0a3d-daaa-4781-bc8f-a041c6ef28ad Songkick: 421842 Discogs: 675522 Editar o valor em Wikidata

Dismal é un grupo de música pontevedrés creado en setembro de 1992. A súa primeira etapa durou ata 2007, pero en 2022 a banda reuniuse para tocar no festival Surfing the Lérez de Pontevedra e dende entón mantívose activo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de varios anos participando en diversos recompilatorios e tocando en directo, en 1999 lanzaron The New Bomb co selo portugués Division House, un CD con 6 temas en inglés e un libro de poesías de máis de 100 páxinas. Ó ano seguinte gravaron Make your mind up, un CD con 13 temas (un deles en castelán) que presentaron en xira por España, Portugal e mesmo Países Baixos, Bélxica ou Eslovenia. Nesta época son habituais do festival Cultura Quente de Caldas de Reis.

En abril de 2002 lanzaron El tristeza (Zero Records), de 12 temas, producido por Pablo Iglesias e masterizado en Nova York por Andy VanDette. Inclúen por vez primeira unha versión, "La Grange" de ZZ Top, ademais de tres temas en castelán. Nun dos concertos de presentación deste disco actuaron no escenario central do Festimad. Tanto este disco como o anterior foron editados con theDismal como nome da formación.

No 2007, logo de dous anos sen apenas actuacións en directo, lanzaron Neptuno, con 12 temas novos, todos eles en castelán, e incluíndo un DVD con 17 temas dun concerto en Pontevedra no 2006, e 6 videoclips. Con este álbum recuperan o nome orixinal.

Teñen tocado con grupos como Sepultura, Entombed, Testament, Toy Dolls, Kreator, POD, Rammstein, Ill Nino ou Napalm Death, en máis de 300 concertos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
The New Bomb 1999 Division House EP
Make Your Mind Up 2000 Zero Records, Division House álbum
El tristeza 2002 Zero Records álbum
Neptuno 2007 La Fábrica de Chocolate álbum
  1. López, Belén (2023-06-13). "Los pontevedreses Dismal actuarán el 30 de junio en el Resurrection Fest". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-11-06.