Daniel Chapela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1999 (24/25 anos) Bueu, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | estudante , político |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Daniel Durán Chapela, coñecido como Daniel Chapela, nado en Bueu en 1999, é un filólogo e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o bacharelato no Instituto de Bueu, e nesa etapa encargouse voluntariamente dunha axencia de lectura en Meiro.[1] Iniciou os estudos de Dereito na Universidade de Vigo mais, ao rematar o segundo curso, abandonounos para facer o grao de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou no 2023.[2] Formou parte do claustro da USC en representación do estudantado.
Foi fundador, xunto con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira, da asociación cultural O Arquivo das Trasnas, que organizou as xornadas "Literatura nas marxes. A creación alén do canon"[2][3] e "Id’ a San Momed’. Xornadas de poesía e mar".[4] Tamén participou na produción do documental Xela Arias. Poeta nas marxes.[5]
Foi elixido coordinador de Cultura do PPdeG no congreso de maio de 2022.[6][7] En outubro de 2022 rumoreouse na prensa que asumiría a dirección da revista Dorna en substitución de Ramón Lorenzo,[8] mais finalmente o relevo do equipo non incluíu a Daniel Chapela, sendo nomeada directora María Xesús Nogueira.[9] Presentouse ás eleccións municipais de 2023 de Bueu na candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro.[10]
Premios[editar | editar a fonte]
- 2022: Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de proxecto literario en rede, por O Arquivo das Trasnas, con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira.[11]
- 2022: 2º premio no Xuventude Crea 2022, por Biscoito de laranxa.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hermida, María (11/11/2016). "Daniel, un superviviente que estudia, trabaja y es bibliotecario a los 17" La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Hermida, María (3 de outubro de 2021). "O milagre de Daniel; o rapaz que se coidou só e agora é un home de letras". lavozdegalicia.es. Consultado o 14 de outubro de 2022.
- ↑ Redacción (2021-03-11). "Las jornadas 'Literatura nas marxes' analizarán la figura de la mujer, la maternidad y el tratamiento LGBTIQ+". europapress.es (en castelán) (publicado o 11 de marzo de 2011). Consultado o 2023-10-01.
- ↑ García, David (2022-06-07). "Poesía e mar en Sanamedio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-01-14.
- ↑ Pin, Irene (15/01/2021). "O documental 'Xela Arias, poeta nas marxes' verá a luz en abril deste ano". Nós Diario. Consultado o 14/01/2023.
- ↑ García, David (2022-05-24). "Daniel Chapela, o novo brazo de Alfonso Rueda en Bueu: “Vou dar todo de min pola nosa cultura e lingua”". Faro de Vigo (en castelán) (publicado o 24 de maio de 2022). Consultado o 2023-10-01.
- ↑ Núñez, Verónica (2022-08-22). "Daniel Chapela: "Temos tarefas pendentes para achegarlle a lingua á mocidade"". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 2023-10-01.
- ↑ Redacción (2022-10-11). "A Xunta sitúa o coordinador de Cultura do PP á fronte da histórica revista 'Dorna'". nosdiario.gal. Consultado o 2023-10-01.
- ↑ "O novo Consello de Redacción da revista está conformado María Xesús Nogueira (directora), María Alonso Alonso e Jorge Rodríguez Durán.". X (formerly Twitter). Consultado o 2023-10-02.
- ↑ García, David (2023-05-29). "El BNG retiene la mayoría en Bueu ante un PP al alza y necesita pactar con el PSOE". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-11-01.
- ↑ xornaldebueu (2022-05-11). "O bueués Daniel Chapela consegue un Premio Follas Novas polo proxecto "O Arquivo das Trasnas"". Xornal de Bueu. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ "Premiados poesía Xuventude Crea" (PDF). xuventude.xunta.es/.