DS Hansteen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O DS Hansteen no porto de Trondheim

O DS Hansteen é un barco de vapor construído en 1866 por Nyland MEK para a Norges Geografiske Oppmåling por encarga do seu director o profesor Christopher Hansteen. En 1872 o navío serviu de aloxamento ó rei Óscar II durante a inauguración do monumento Haraldshaugen en memoria do rei Harald I en Haugesund.

En 1898 o navío vendeuse ó Innherad Forenede Damskipsselskap quen o usou para facer rutas regulares no fiorde de Trondheim, mercouno despois o Det Helgelandske Dampskibsselskab renomeouno "Haarek" para facer percorridos pola costa de Helgeland. En 1950 o barco vendeuse ás autoridades de Florø para utilizarse como un navío aloxamento para os traballadores temporais do sector da pesca. En 1962 a misión luterana Oslo Indremisjon mercouno tamén como navío aloxamento no río Akerselva, dándolle o nome de "Ivar Elias". En 1978 un novo propietario comezou a súa restauración e actualmente está no porto de Trondheim.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]