DIIV
DIIV | |
---|---|
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 2011 - presente |
Xénero(s) | indie rock, dream pop, shoegaze, post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Captured Tracks |
Membros | Zachary Cole Smith Andrew Bailey Devin Ruben Perez Colin Caulfield Ben Newman |
Na rede | |
http://www.diiv.net/ | |
DIIV é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Brooklyn e formada no ano 2011. O grupo está composto por Zachary Cole Smith (voces, guitarra), Andrew Bailey (guitarra), Devin Ruben Perez (baixo), Colin Caulfield (teclados, guitarra) e Ben Newman (batería).
Inicialmente chamada Dive, a banda comezou como un proxecto en solitario de Smith. Tras publicar tres sinxelos, "Sometime", "Human" e "Geist", a través do selo Captured Tracks, DIIV editou o seu álbum de estrea, Oshin, o 26 de xuño de 2012.
En febreiro de 2016 o grupo lanzou o seu segundo disco, Is the Is Are, despois dun logo e problemático período de xestación.[1] O 4 de outubro de 2019 o terceiro álbum de DIIV, Deceiver, foi publicado porn Captured Tracks.[2]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Oshin | 2012 | Captured Tracks |
Is the Is Are | 2016 | Captured Tracks |
Deceiver | 2019 | Captured Tracks |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Still in Rock (ed.). "Entrevista coa banda". Consultado o 2 de marzo de 2016.
- ↑ Aubrey, Elizabeth (2019-07-24). "Listen to a hypnotic new single from DIIV as band announce return with new album, 'Deceiver'". NME (en inglés). Consultado o 2023-10-15.