Cruceiro Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Cruceiro Galicia foi un buque lixeiro da Armada Española, botado en Ferrol en 1927 e retirado en 1970.

Características[editar | editar a fonte]

O cruceiro tiña 172,62 metros de eslora, 16,61 m de babor a estribor e 5,03 m de calado. Fornecido con distintos tipos de canóns e con capacidade para unha tripulación de 566 mariñeiros, o Galicia era moi semellante a dous buques do seu tempo, o Almirante Cervera e o Miguel de Cervantes.

Antes de chamarse Galicia, o buque denominouse Príncipe Alfonso e Libertad.